Home A Coruña A Xunta elimina un punto de verdito de augas residuais domésticas na...

A Xunta elimina un punto de verdito de augas residuais domésticas na parroquia de Abeancos, no concello de Melide

- Anuncio -

― Os técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia detectaron o foco no transcurso dos labores rutineiros de inspección levados a cabo nese municipio

― Tras levarse a cabo as obras de conexión da vivenda coa fosa séptica existente, os técnicos confirmaron a emenda do vertido

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais domésticas ao dominio público na parroquia de Abeancos, no concello de Melide.

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o foco no transcurso dos labores rutineiros de inspección levados a cabo nese municipio, no lugar de Goxán Pequeno.

A orixe da achega contaminante localizouse nas baixantes de augas pluviais dunha vivenda unifamiliar, que vertía directamente ao dominio público.

Os técnicos de Augas de Galicia comunicáronlle ao propietario a necesidade de adoptar medidas correctoras.

Nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos de Augas de Galicia verificaron a emenda do vertido, tras executarse a conexión das augas residuais xeradas na vivenda coa fosa séptica existente na mesma.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas