Home A Coruña A Xunta incrementa en máis de 65.000€ o orzamento para a financiación...

A Xunta incrementa en máis de 65.000€ o orzamento para a financiación de servizos sociais comunitarios nos concellos da Pobra, Ribeira e Porto do Son

- Anuncio -

— Estas axudas están orientadas na súa maioría á contratación de persoal así como ao financiamento do SAF básico, ao funcionamento das escolas infantís municipais e a programas socio comunitario

— Os concellos da comarca do Barbanza recibiron no 2021 máis de 600.000 para financiar estes programas e no 2022 manteranse estas partidas e ademais incrementarase neses tres concellos

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas , informaron do incremento na financiación de programas e para a contratación de persoal técnico de servizos sociais comunitarios municipais no marco do Plan Concertado na comarca do Barbanza. Na práctica suporá que o concello de Ribeira contará este ano con dous traballadores sociais máis e Porto do Son con un máis, e a Pobra porá en marcha un novo programa de inclusión social. Este incremento suporá que estes tres municipios reciban máis de 65.000 euros.

O delegado da Xunta lembrou que a Xunta destinou no 2021 máis de 600.000 euros a todos os concellos do Barbanza para a contratación de persoal para o financiamento do SAF básico, para o funcionamento das escolas infantís municipais e para a posta en marcha de programas socio comunitarios. Trenor recalcou que “no 2022 manteranse esas partidas e a maiores Ribeira, Porto do Son e A Pobra se beneficiaran do incremento do Plan Concertado que ascende en toda Galicia a 3 millóns de euros”

Este incremento redundará nunha mellora nos tempos e na calidade da atención que prestan á cidadanía. Ademais, acadarase unha maior efectividade das medidas que requiren da implicación destes axentes para acadar os obxectivos de loita contra a pobreza e a exclusión social.

Nos últimos anos, os servizos sociais comunitarios dos concellos, como porta de entrada ao Sistema de Servizos Sociais, rexistraron un incremento da demanda de atención, á vez que se deu a necesidade de maior implicación do persoal para facer efectivas as medidas de loita contra a pobreza e a exclusión social impulsadas pola Consellería de Política Social. “Co obxecto de seguir ofrecendo unha atención de calidade e para garantir a efectividade das medidas postas en marcha polo departamento autonómico levarase a cabo este reforzo”, indicou o delegado da Xunta.

Plan concertado Galicia
Trenor lembrou que a Xunta concedeu aos Concellos galegos 17,2 millóns de euros en axudas para financiar os servizos sociais municipais. Estas achegas, enmarcadas dentro do Plan Concertado, irán destinadas na súa maioría á contratación de persoal e á posta en marcha de programas de atención como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico, o funcionamento das escolas infantís de titularidade municipal e a programas sociocomunitarios.

O Plan Concertado incrementouse en 3 millóns de euros con respecto ao ano anterior, é dicir, nun 20%. A maior parte da contía, 12,3 millóns de euros, irá dedicado ao cofinanciamento do persoal dos servizos sociais comunitarios de todos os Concellos de Galicia, trátase dun 12,5% máis que o ano pasado (1,3 millóns de euros). Este incremento permitirá que 25 concellos da provincia da Coruña aumenten o seu persoal.

Ademais, o Plan Concertado servirá para renovar o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico e para o funcionamento das escolas infantís municipais e a compensación pola aplicación da gratuidade. Así mesmo, este plan tamén se incrementa en preto de 300.000 euros para a posta en marcha de novos programas en 22 Concellos. Deles, cinco son da provincia da Coruña, oito na provincia de Lugo, sete en Ourense e dous en Pontevedra.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas