Home A Coruña A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á mocidade o uso do transporte público gratuíto na comarca

- Anuncio -

— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar


— Estará operativa no leste da comarca, que integra 21 liñas dunha ducia de concellos que dan servizo a preto de 20.000 persoas


— O obxectivo é que a medida estea operativa nos 127 contratos de transporte regular de viaxeiros por estrada que xestiona a Xunta antes de que remate o ano

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo informou hoxe na Coruña da activación da tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á mocidade o uso do transporte público gratuíto na comarca. Tras as experiencias lanzadas en setembro de 2023 en Ferrol e a pasada semana en Ourense, a iniciativa chega agora ao leste da área coruñesa, que integra 21 liñas nos concellos de Cambre, Carral, Cerceda, Oleiros, Ordes, A Coruña, Culleredo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, A Laracha e Sada que dan servizo a preto de 20.000 persoas.
Nunha visita á estación de autobuses da cidade para comprobar o funcionamento do sistema, o conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o xerente de Proxectos de Transportes e infraestruturas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Pablo Ferreira, a directora da Unidade Zonal Noroccidental de Alsa, Elena Álvarez, e o delegado desta empresa en Galicia, Daniel López.
Segundo sinalou Diego Calvo, a nova aplicación está dispoñible xa desde o pasado luns tanto para os dispositivos Android como para Apple e elimina a necesidade do cartón físico, de ter saldo e de recargar no caixeiro. As persoas menores de 21 anos beneficiarias da Xente Nova só precisan rexistrarse na aplicación para gozar dos 60 viaxes de balde ao mes. Para acceder ao autobús cómpre premer en Crear viaxe na aplicación móbil e validar o código QR xerado na máquina situada no vehículo. A maiores, o sistema facilita estimacións en tempo real de chegada dos autobuses ás paradas.
O conselleiro anunciou que esta solución se estenderá nas próximas semanas ao transporte metropolitano de Pontevedra, coa previsión de que a finais de ano estea operativa nos 127 contratos de transporte regular de viaxeiros por estrada que conforman a rede de transporte público titularidade da Xunta. Deste xeito, poderán beneficiarse da iniciativa as máis de 166.000 persoas usuarias da Xente Nova en Galicia.
Máis de 10M€ de aforro para as familias
Só en 2023 a tarxeta permitiu realizar máis de 6,3 millóns de viaxes gratuítas, o que supuxo un aforro superior aos 10 millóns de euros para as familias galegas. O obxectivo desta medida, posta en marcha pola Xunta en 2016 e que non deixou de medrar desde entón, é contribuír á economía familiar e facilitarlle á mocidade o acceso a servizos básicos ao tempo que se fomenta o transporte público e unha mobilidade sustentable nesta franxa de idade.
Activa en todas as liñas de transporte interurbano da Xunta de Galicia, no transporte de ría en Vigo e no cercanías de Ferrol, a incorporación do seu uso a través do móbil supón un novo avance que, en palabras de Diego Calvo, responde aos hábitos de consumo do colectivo ao que vai dirixido, a poboación máis nova, afeita a resolver calquera xestión ou necesidade a través dos seus dispositivos móbiles.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Cociñeiros de toda España que suman máis de 80 Estrellas Michelín participarán en xuño...

0
O director de Turismo de Galicia participa na presentación desta iniciativa que cumpre a súa décima edición e que se celebrará na Finca Casa...

A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en Galicia esta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Publicacións Relacionadas