Ata o 26 de febreiro para comparsas e carrozas e ata o domingo 2 de marzo no caso das inscricións para disfraces de grupos, por parellas e individuais
Volve o Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido do Concello de Carballo, un dos desfiles con máis tradición da comarca. Neste 2025 increméntase de novo a contía de premios en máis de 1.000 euros para chegar a superar os 10.000. Hay que subliñar que os importes que máis aumentan son os destinados á categoría de carrozas, xa que as axudas por participar chegan aos 300€ e o primeiro premio sube ata acadar os 1.000€, ademais de engadirse un terceiro premio de 350€.
Dos 10.000 euros que repartirá o concurso, máis de 4.500 están destinados a gratificacións para premiar a participación na actividade. Os importes ascenden a 125€ para as comparsas infantís e a 125€ para as comparsas de adultos de menos de 25 membros, a 200€ para as de máis de 25 membros, e os xa mencionados 300€ para as carrozas. Concederanse un máximo de 20 gratificacións para os 20 primeiros inscritos.
Ademais, está previsto repartir ata 17 premios e ata 1.000 euros en accésits:
➢ INFANTIL (ata 14 anos)
• COMPARSAS
1º premio: 300€
2º premio: 150€
3º premio: 100€
4º premio: 60€
• GRUPOS (de 2 a 7 compoñentes)
Premio de 110€
• INDIVIDUAL (1 compoñente)
1º premio: 90€
2º premio: 70€
3º premio: 50€
➢ ADULTOS (máis de 14 anos)
• CARROZAS (mínimo de 15 compoñentes)
1º premio: 1000€
2º premio: 600€
3º premio: 350€
• COMPARSAS (mínimo de 10 compoñentes)
1º premio: 700€
2º premio: 400€
3º premio: 200€
• GRUPOS (de 2 A 9 compoñentes)
Premio de 125€
• INDIVIDUAL (1 compoñente)
Premio de 60€
➢ INFANTIL OU ADULTOS: PREMIO ESPECIAL “CHOQUEIRO DE BERGANTIÑOS” (1 compoñente). Participante inscrito en calquera das modalidades (no precisa inscrición específica)
Premio: 100€
➢ ACCÉSITS
1000€ a distribuír en calquera categoría ou modalidade
A inscrición poderá realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura ou no rexistro do Concello de Carballo: no caso de comparsas e carrozas ata o 26 de febreiro; e en grupos, parellas e individual ata 1 hora antes do mesmo día do desfile, o domingo 2 de marzo, nese caso na Praza do Concello.
Co obxecto de velar pola seguridade de participantes e espectadores, o Concello quere facer fincapé na importancia de respectar as medidas de seguridade, en especial, na construción de carrozas. Todas estas indicacións figuran nas bases e nas fichas de inscricións para participar neste concurso.
• Podedes consultar as bases íntegras e toda a documentación precisa na web do Concello de Carballo www.carballo.gal na seguinte ligazón:
http://carballo.gal/cultura/novas.php?id=9689&idioma=gl&sec=47