O grupo continúa coas visitas e os encontros coa veciñanza e asociacións para converter as súas necesidades en iniciativas municipais.
Alternativa continúa este mes na parroquia de Veiga para seguir a coñecer as necesidades reais da zona e trasladalas ao goberno municipal a través do pleno.
Este traballo permitiu impulsar iniciativas relacionadas coa renovación dos parques infantís ou a revisión da ordenanza dos locais sociais, propostas nacidas do encontro veciñal que foron aprobadas a través do pleno.
Alternativa defende esta iniciativa como vía para facilitar a participación veciñal e levar ao debate municipal cuestións que afecta a vida cotiá da cidadanía.
“Queremos que as demandas que nos traslada a veciñanza teñan continuidade no Concello, tanto a través das propostas que presentamos, como dos compromisos que adquire o goberno.” Sinalan dende o grupo.

