Alternativa dos Veciños volve a insisitir na importancia da planificación para a execución dos traballos de mantemento da rede de estradas municipais para garantir a seguridade viaria.
As reparacións superficiais foron durante anos a base do mantemento viario municipal. Porén, hoxe en día resultan insuficientes debido ao desgaste das estradas, ao intenso tráfico das zonas urbanas e ao impacto do clima.
Desde Alternativa insistiuse ao longo do verán na importancia de acometer arranxos a fondo. Posto que as fochancas arranxadas de urxencia tras as choivas xa volven necesitar mantemento, sobre todo naquelas áreas con maior circulación, como por exemplo, como pode ser na Rúa Abeleira ou na rúa Constitución, no Temple.
O grupo incidirá nas próximas reunións sobre orzamentos na importancia de destinar partidas económicas ao reforzo da brigada de obras, así memo volverá a preguntar polo contrato de suministro do material que continúa en avaliación despois de oito meses da súa publicación.
“ A veciñanza merece unha resposta xa. Hai un ano a escusa para non tapar as fochancas eran as choivas; agora, co inverno outra vez á porta, os arranxos provisionais xa desapareceron, en moitos casos, e seguimos sen unha solución real e definitiva .” matiza Raúl Varela, voceiro do grupo.

