Home A Coruña Alternativa de Sada reclama o simulacro do río

Alternativa de Sada reclama o simulacro do río

- Anuncio -

Alternativa dos Veciños non dá crédito ao que está a suceder en Sada. No pleno do mes de febreiro acordouse cos votos favorables do PP, do PSOE e de Alternativa dos Veciños facer un simulacro real dunha duración de dous a tres meses para detectar e corrixir os posibles erros que podería ocasionar a apertura do Río, se finalmente se leva a cabo o proxecto que está en elaboración e que así se podería modificar se fose necesario.

Estamos en agosto e mes tras mes o concelleiro de Obras e Servizos sorprende coas respostas ás preguntas feitas en cada pleno sobre cando se vai facer o simulacro. Desde que “non se vai facer porque consideramos que non é necesario, xa se fixo un simulacro de UN DIA” (obviando totalmente o acordo plenario) ata a resposta no pleno de xulio na que dixo que non encontran ningunha empresa que o queira facer e menos sen un proxecto finalizado. Non contento por riba di que dixeron as empresas, non sabemos si todas, que para que facelo, con ese suposto simulacro xa feito era suficiente.

Alternativa dos Veciños faise varias preguntas. Cales son esas empresas as que se lles encarga un traballo e non só o rexeitan, senón que opinan sobre algo que descoñecen pero que concorda coa idea deste concelleiro e do seu grupo? Quen ou que empresa fixo ese simulacro que tampouco dispoñía dun proxecto finalizado? Houbo un simulacro?

Alternativa dos Veciños non o tiña claro antes e segue sen estar de acordo na forma de proceder nun proxecto tan importante e de tan


grande repercusión para Sada. Algo tan grande merece un estudo detallado e consensuado con todos os grupos da Corporación.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas