Alternativa fixo un seguimento dos avances da situación derivada do peche temporal dos locais de ensaio e o seu traslado provisional ao Centro Municipal de Emprego, por problemas de insonorización.
O grupo destaca a importancia de dar continuidade á resolución desta problemática, advertindo que a localización actual non resulta a máis accesible para a xuventude usuaria, debido as limitacións do transporte público.
Segundo a información facilitada polo goberno municipal, o servizo manterá unha certa normalidade en canto a organización e horarios durante este periodo provisional..
Porén, o executivo local non establece prazos concretos para a solución definitiva, aínda que confirma estar a avaliar diferentes propostas para a realización dun estudo técnico que permita detectar o problema de insonorización.
Alternativa indica qeu continuará facendo un seguimento do proceso para garantir os avances do proceso.

