O novo portal simplifica e facilita os trámites da veciñanza
O pasado día 1 de xaneiro comezou a estar operativa a nova sede electrónica do Concello de Culleredo a proposta de Alternativa dos Veciños. Mediante unha moción presentada ao pleno acordouse por unanimidade tanto a mellora da sede electrónica como da páxina web municipal. Tras esa aprobación, a secretaría municipal que creou a propósito da mesma o Programa Temporal de Implantación da Administración Electrónica no Concello de Culleredo, cuya ordenanza vai a pleno o próximo día 14 de xaneiro.
A nova sede electrónica supón melloras sustancias para os veciños e veciñas. Desde agora simplifícase a tramitación de forma que só será requerida ó cidadán a documentación que non poida conseguir a propia administración: grande parte dos trámites poderán realizarse desde o teléfono móbil; existirá unha localización electrónica individual denominada “carpeta cidadá”,… Todas estas melloras irán acompañadas dunha nova centraliña de atención telefónica, así como, a creación de novas oficinas de atención a cidadanía que se encontrarán descentralizadas para dar soportes o maior número de persoas posible e sobre todo para dar a atención de maneira personalizada a aquelas persoas que teñan máis dificultade para relacionarse coa administración de maneira electrónica. A implantación da nova páxina web está prevista para marzo deste ano.