Home Tabeirós A Estrada O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do...

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

- Anuncio -


Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar unha man para afianzar o sector e fortalecer así o tecido socio-económico do noso concello

O BNG da Estrada mantivo no día de hoxe un encontro de traballo co sector sidreiro do noso concello. Na reunión participou o concelleiro, Xoán Reices, e a deputada no Parlamento Galego, Ariadna Fernández.

O obxectivo deste encontro, segundo explicou o concelleiro nacionalista é “coñecer de primeira man, a través de representades do sector da sidra do noso concello, o estado actual do mercado galego, prezos de venda que se manexan, así como os custos actuais de produción”.

“Por outra parte”, indicou Reices, “tamén queremos coñecer as expectativas dos e das produtoras de sidra, a respecto do apoio que poden recibir das administracións, tanto local como autonómica”. “Neste sentido”, engadiu o concelleiro do BNG, “logo deste reunión elaboraremos unha serie de iniciativas, tanto a nivel de localidade como de país, para trasladar as necesidades e peticións do sector”.

“No BNG cremos que o sector da mazá ten unha importancia cada vez maior no noso concello”, explicou Reices, “axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar unha man para afianzar o sector e fortalecer así o tecido socio-económico do noso concello”.

O BNG pide solucións para a Praza de Abastos

O portavoz municipal do BNG, Xoán Reices, tamén se referiu á situación da Praza de Abastos da Estrada, explicando que “desde a nosa organización xa alertamos en varias ocasión dos sinais de alarma que emitía a Praza, pedindo ao concello plans para revitalizala e impulsala”. “É evidente que o goberno do PP nada fixo”, engadiu “e agora está na situación que está, cun só posto aberto de xeito permanente; unha situación que contrasta coa vitalidade doutras prazas, sen ir máis lonxe, a de Santiago de Compostela, que pon en evidencia que as cousas poden facerse mellor e doutro xeito”.

“Neste sentido”, engade Reices, “pedimos ao goberno do PP que se poña as pilas, que fale cos e cas praceiras para ver de mellorar esta situación, así como programas de concienciación sobre os beneficios, non só sociais e económicos, senón tamén para a saúde, de consumir produtos de proximidade”. “O alcalde non pode seguir de brazos cruzados”, afirma o concelleiro do BNG.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas