Home O Morrazo Bueu Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

- Anuncio -

• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións


• Por categorías, haberá 10 barcos na feminina, 7 para a de veteráns e 19 para a sénior


O peirao de Bueu celebrará este domingo, 12 de xaneiro, a regata contrarreloxo IX Memorial Pepe O Ruso, organizada polo Club do Mar Bueu – Simei e o Concello de Bueu. Precisamente, co obxectivo de explicar todos os detalles da proba, este venres tivo lugar a rolda de prensa no salón de plenos do Concello coa intervención de Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Javier Pazos e Valentín Campos, da directiva do Club. A saída desta regata será o domingo a partir das 11.30 horas dende o peirao, continuando o percorrido, como xa é habitual, ata Agrelo, Banda do Río, A Roiba, Cabalo e regreso ao porto. En total serán 5.500 metros e os barcos e as persoas asistentes gozarán dunha ruta moi vistosa.
Segundo destacan dende a organización, existe récord de participación con 36 barcos inscritos. Serán dez 10 na categoría feminina, concretamente Puebla Vet, Amegrove, Mecos, Castropol, A Cabana, Rianxo, Cesantes- Bueu, Chapela, Tirán e Cabo. Na veterán masculino 7, que son Celeiro, Cesantes, Rianxo, Muros, Chapela, Vila de Cangas e Samertolameu. E na de sénior 19, que son Puebla A e B, Samertolameu A e B, Mecos A e B, Tirán A e B, Bueu A e B, Chapela A e B, Cesantes, Narón, Cabo A e B, A Cabana, Castropol e Ares.
Nesta regata, que servirá de adestramento para a pre tempada, debutará o novo equipo da Liga Feminina Galega de Cesantes- Bueu.
O evento xurdiu no ano 2016 coma unha homenaxe a José Novas Gutiérrez, máis coñecido como “Sr Pepe” ou “Pepe O Ruso”, unha persoa que traballou durante moitos anos e de forma totalmente desinteresada polo fomento do deporte do remo na vila bueuesa. Foi por iso que dende o Club decidiron facerlle este recoñecemento.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas