Home A Coruña Arrancadeira está de celebración por partida dobre co seu décimo aniversario e...

Arrancadeira está de celebración por partida dobre co seu décimo aniversario e o Magosto

- Anuncio -

A praza Alcalde Segundo Durán será un fervedoiro cultural durante todo o sábado 9 coa celebración do IV Magosto Arrancadeira coincidindo co décimo aniversario da entidade.

Esta cita chega coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da Deputación da Coruña e de varios establecementos.

“Estamos en época de outono e toca festexar unha das nosas tradicións: o Magosto. E este chega á nosa localidade mesturado co folclore grazas ao labor dunha das nosas asociacións culturais que, ademais, está de celebración por partida dobre ao estar de décimo aniversario, outorgándolle maior transcendencia a este evento”, en palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Esta xornada festiva comezará ás 17.00 horas cunha foliada na que participarán distintos grupos tradicionais: A. C. Pedra da Aroña, AMBT Vai de Roda, Arrancadeira, As Caramiñas, As Garridiñas, As Sivalveiras, Bailadela A. C., GBMT Tahúme, Nunca É Tarde, Os Pequenos do Barbansa, Pandereteiras de A. C. Chorimas, Pandereteiras da A. C. Jaitas Blue, Rianxeiras da Covecha e Tres Pés Pa’Un Banco.

Despois, ás 18.30 horas, Alejandro Martínez impartirá o obradoiro de baile O baile en roda na Serra do Suído.

E, pola noite, tocará desfrutar dos concertos de Os Enxebres de San Lázaro e 7 ferrados, a partir das 21.30 horas.

Tamén se bota a andar a primeira edición do concurso gastronómico Toma Castaña. Consistirá en elaborar pratos que leven a castaña entre os seus ingredientes. Presentarase no propia praza Alcalde Segundo Durán, no sábado 9, en horario de 16.00 a 17.00 horas. As persoas participantes deberanse inscribir previamente no enderezo electrónico arrancadeirapobra@hotmail.com con prazo límite ás 12.00 horas do 9 de novembro. Indicarase nome e apelidos, teléfono de contacto e nome e descrición da receita. O xurado determinará a elaboración gañadora e o premio será unha cea nun establecemento hostaleiro do municipio.

Relacionadas

Incendio nun transformador eléctrico no soto do concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da casa consistorial...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

Compostela Cultura presenta nova temporada escénica con 33 espectáculos de teatro, danza e circo

0
A programación para o primeiro semestre de 2025 presenta tres focos temáticos que dirixen a atención cara á compañía Teatro do Noroeste, cara ao...

A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a aposta do...

0
O Concello, coa colaboración da Consellería e Economía, investiu 35.000 euros na mellora dos postos e na adecuación e creación de servizos coma unha...

Comeza un novo obradoiro de emprego que permite a contratación de 20 veciños en...

0
No día de hoxe deu comezo un novo obradoiro de emprego no que se realizarán distintos traballos de creación de mobiliario urbano e actuacións...

A cerimonia de acendido das luces abre este xoves a programación do Nadal na...

0
O acto terá lugar na praza de María Pita desde as 17.00 horas, coas actuacións de Peter Punk e Los Alcántara Este xoves comezará a...

Publicacións Relacionadas