• A intervención está subvencionada pola Deputación da Coruña e contempla a realización dunha travesía peonil de 310 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho.
• O obxectivo desta intervención é a mellora da conservación da infraestrutura viaria do municipio e mellorar as condicións de vida e de traballo no medio rural.
O Concello das Somozas investirá máis de 77.000 euros no proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-110, en Agraxoiba, unha actuación que xa está en proceso de licitación.
A finalidade da execución destas obras é a mellora e conservación da infraestrutura da rede viaria do Concello, así como a mellora das condicións de vida e de traballo no medio rural, facilitando a accesibilidade da veciñanza.
Esta intervención, financiada pola Deputación da Coruña, contempla a realización desta travesía peonil de 310 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, previamente á execución do pavimento contémplase a canalización con pozos de rexistro de sumidoiro para recollida de augas pluviais, así como a instalación de luminarias e iluminación pública.
O alcalde, Juan Alonso, subliñou que “coa renovación desta senda continuamos mellorando as infraestruturas do municipio, facilitando o acceso dos peóns e o tecido comunicativo do Concello”.