Home A Coruña Así será o Nadal en Paderne: felicitación comunitaria, festa nas escolas, concurso,...

Así será o Nadal en Paderne: felicitación comunitaria, festa nas escolas, concurso, tres concertos e unha cabalgata adiantada

- Anuncio -

 A corporación inaugurará as festas o sábado 14 no Telleiro con música en directo

 As luces estarán acendidas desde esta mesma noite

 Aos eventos úneselle o servizo de Campamentos e Aulas de Conciliación, que serán de novo gratuítos

Xa recende a Nadal en Paderne. O Concello organizou un amplo programa para todas as idades que inclúe unha felicitación comunitaria, festa para as escolas con Papá Noel, tres concertos, un concurso infantil e unha cabalgata de Reis que se afianza de xeito ‘adiantado’ no municipio.
A veciñanza de Paderne xa poderá gozar desde esta mesma noite das luces propias destas datas, xa que está previsto o acendido unha vez a empresa responsable rematou a instalación. Mentres, o sábado 14, O Telleiro acollerá a inauguración oficial, nunha Felicitación de Nadal que pretende converterse nunha festa familiar. Ao evento están convidados todos os veciños e veciñas para desfrutar dun brinde con música en directo.
A axenda continúa con iniciativas para os máis pequeniños e pequeniñas. O mércores 18, a Casa do Concello acollerá a Festa de Nadal das Escolas Unitarias, na que os nenos e nenas recibirán a visita de Papá Noel, ao que lle poderán entregar as súas cartas.
Mentres, o venres 20 de decembro a Escola de Areas acollerá a partires das 11:30 horas o concerto de Xoán Curiel. O acto será para o alumnado tanto do centro educativo de Areas como para o de Viñas. Tamén están convidadas as súas familias.
Ese mesmo venres pola noite, ás 20:00 horas, a Igrexa de San Julián de Vigo será o escenario do espectáculo EmerXencias, de novo a cargo de Xoán Curiel, que levará a cabo un recital de cantigas medievais e panxoliñas.
Unha vez pasado o día de Nadal, o venres 27 de decembro a música mudará de lugar. Nesta ocasión será a Igrexa Santa María de Souto á que acollerá a actuación de The Duellist no tradicional Concerto de Fin de Ano. A música clásica de violín e guitarra será a protagonista desde as 20:00 horas.
Por último, xa en xaneiro, chega a quenda dos Reis Magos. Tras o gran éxito do ano pasado, o Concello de Paderne acordou coas Súas Maxestades unha visita adiantada ao municipio. Deste xeito, a rapazada padernesa será a primeira da comarca en poder gozar da presenza dos Reis. O inicio da cabalgata está previsto para as 17:30 horas. A Casa Consistorial será o punto de saída dun pasarrúas con música en vivo que chegará ata o Telleiro.
Na carpa, os nenos e nenas poderán falar cos reis para lembrarlles os seus desexos. Tamén haberá inchables, talleres e animación, ademais da entrega de premios para todos os cativos e cativas de 3 a 12 anos que teñan participado no concurso de Nadal. O prazo para rematar os adornos e debuxos remata o mércores 18.
Conciliación gratuíta
Máis aló destes eventos, o Concello porá en marcha un servizo de conciliación laboral que, un ano máis, non terá custo algún para as familias. A través das Aulas de Conciliación e dos Campamentos de Nadal, os rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos poderán gozar de mañás de entretemento entre iguais entre o 23 o 3 de xaneiro, con saída sorpresa incluída.

Relacionadas

O Concello colabora con Ecovidrio nunha campaña de reciclaxe de Nadal

0
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, asistiu á presentación dunha árbore feita con material reciclado O Concello da Coruña colabora coa campaña que pon...

O Concello colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na divulgación dunha planta...

0
O Concello de Carballo colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na protección de plantas “exclusivas da zona” que corren risco de extinción,...

Papá Noel iniciaba esta mañá o seu percorrido por Neda

0
Papá Noel iniciaba esta mañá o seu percorrido por Neda. Como en anos anteriores, o Concello organizou unha cabalgata con itinerario amplo, que vai...

O proxecto constructivo da Cuarta Rolda incorporará a conectividade cos polígonos empresariais de Agrela,...

0
A alcaldesa e o director xeral de Carreteras del Estado, Juan Pedro Fernández, reuníronse hoxe coas e cos representantes das asociacións dos tres polígonos...

O teatro cine Elma encherase de música cun novo concerto no 28 de decembro

0
A música eríxese como un dos pratos fortes das propostas de Nadal que chega da man do tecido asociativo da Pobra do Caramiñal. Por estas...

O Concello de Ponteceso, programará varias actuacións de balde con motivo das festas de...

0
O Concello de Ponteceso, programará varias actuacións de balde con motivo das festas de Nadal. Estes eventos terán os seguintes horarios e emprazamentos: - Día...

Publicacións Relacionadas