Free Porn
xbporn
Home A Coruña Augas de Galicia estudará a posibilidade de habilitar un paso peonil pola...

Augas de Galicia estudará a posibilidade de habilitar un paso peonil pola ponte da Lagoa

- Anuncio -

O alcalde e a enxeñeira municipal participaron na xuntanza da comisión de seguimento do convenio asinado entre o organismo autónomo e o Concello

O alcalde, Evencio Ferrero, e a enxeñeira municipal Lorena Castrillón participaron este mércores na xuntanza da comisión de seguimento do convenio asinado entre Augas de Galicia e o Concello de Carballo para o desenvolvemento das obras incluídas no plan de prevención do risco de inundación nas ribeiras do Anllóns.

O tema central da reunión, solicitada polo goberno municipal, foi a situación das obras da ponte da Lagoa e a solicitude, avalada coas sinaturas de 45 empresas e 225 particulares dese ámbito, para a instalación dunha pasarela peonil á altura do aparcadoiro do supermercado Gadis que facilite o tránsito entre ámbalas marxes do río nese punto. Por parte de Augas de Galicia formulouse como alternativa a posibilidade de habilitar un paso peonil pola propia ponte, pero a decisión tomarase en función da valoración que realice a dirección de seguridade e saúde da obra.

Por parte do Concello de Carballo agárdase que a decisión sexa o máis rápida posible e que, en calquera caso, desde Augas de Galicia se dea resposta ás demandas que veñen facendo a veciñanza e o comercio.

O organismo autónomo estivo representado na xuntanza por un técnico, que levantou acta, e polo propio director de Augas de Galicia, Agustín Hernández, que tamén informou sobre o estado das cinco obras incluídas no convenio entre ámbalas dúas administracións. En concreto, segundo comentou, na ponte da Lagoa está pendente unha autorización da empresa de gas para poder acometer as actuacións necesarias.

Dos cinco proxectos previstos xa hai un executado e recepcionado, o bypass do Muíño do Quinto, e outro practicamente rematado, a reforma do San Martiño. Con respecto á ponte da Casilla, a empresa pretendía iniciar os traballos a mediados de xuño, pero desde o Concello de Carballo optouse por adiar o inicio ata o 1 de xullo para non entorpecer a mobilidade durante as festas de San Xoán. En canto á mellora hidráulica do Anllóns na Cepeira, segundo indicaron desde Augas de Galicia, é unha obra con gran complexidade técnica e non se prevé o seu inicio ata o ano 2025.

Relacionadas

Os consellos parroquiais volverán en outubro para seguir fomentando a participación veciñal na xestión...

0
Os consellos parroquiais retomarán a súa actividade no mes de outubro. Dende o Concello de Carballo queremos seguir fomentando a participación veciñal na xestión...

Miño organiza dous talleres gratuítos sobre posparto, lactacións e alimentación complementaria

0
● Celebraranse o venres 20 e o sábado 21 na aula de formación do Coworking Casa do Pescador. ● As sesións serán impartidas por Paula...

A Reserva de Biosfera elabora un estudo de mercado para impulsar a concesión da...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas elaborou un estudo de mercado para...

O mercado ecolóxico municipal volve mañá ao Campo da Leña, con obradoiros infantís, sorteos...

0
O Concello impulsa unha ampla programación de actividades para todos os públicos, de 10.00 a 15.00 horas O Concello promove esta fin de semana unha...

Comezan os traballos de restauración do Cruceiro de Labañou

0
O Concello iniciou o desmonte da peza, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) polo seu valor histórico A execución dos traballos teñen unha duración estimada...

A Coruña acollerá en novembro o encontro internacional ‘As elixidas’, que reunirá a alcaldesas...

0
O encontro forma parte do programa de actividades nas que colaboran o Concello e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que rubricaron esta...

Publicacións Relacionadas