Debido á previsión de meteoroloxía adversa durante a xornada de mañá, domingo 5 de xaneiro, o Concello de Carral decidiu o seguinte no relativo ó Desfile de Reis: Procédese a cancelar as visitas dos Reis polas parroquias. Estaba previsto que a rapazada que se apuntara para formar parte da comitiva real os acompañasen nun tramo do centro da vila, polo que si ás 19:00 horas as condicións o permiten, as nenas e nenos serán recollidos no punto que se lles comunicou e chegaran ata o Polideportivo do Espiño. Se as condicións meteorolóxicas non o permitisen, os Reis irán directamente para o Polideportivo.