Home A Coruña A Xunta concede un préstamo de 150.000€ a Cabana de Bergantiños a...

A Xunta concede un préstamo de 150.000€ a Cabana de Bergantiños a través do Fondo de Cooperación para rehabilitar a Casa Reitoral de Cesullas

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez lembra que este fondo posibilita que os concellos máis pequenos teñan “tesourería” para avanzar en infraestruturas necesarias ao dispor de investimento a través dun préstamo sen xuros a devolver nun prazo de ata 8 anos


 A mellora da Casa Reitorial de Cesulles permitirá destinala nun futuro a fins sociais, culturais, interpretativos ou de promoción da zona

A Xunta de Galicia concedeu un préstamo sen xuros de preto de 150.000 euros ao Concello de Cabana de Bergantiños, ao abeiro do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, para levar a cabo a rehabilitación da casa reitoral de Cesullas.

Durante unha visita ás obras desta actuación, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembrou que este fondo, creado no ano 2016, posibilita que os concellos máis pequenos teñan “tesourería” para poder avanzar en infraestruturas necesarias ao dispor do investimento necesario a través dun préstamo sen xuros que poden devolver nun prazo de ata 8 anos.

De feito, ata 2021, concedéronse préstamos por importe de máis de 11,3 millóns de euros para financiar 50 actuacións nun total de 23 concellos. E, na convocatoria de 2022, asináronse xa 19 convenios con 13 concellos por unha contía de 3,58 millóns de euros e aínda están pendentes de avaliación preto dunha ducia de peticións logo de que rematase o prazo de presentación de solicitudes o pasado 30 de setembro.

No caso de Cabana de Bergantiños, a conselleira salientou que a mellora das condicións tanto interiores como exteriores da Casa Reitorial de Cesulles permitirá recuperar os seus volumes orixinais para destinala nun futuro a fins sociais, culturais, interpretativos ou de promoción da zona.

Intervirase, entre outras cuestións, en aspectos como a urbanización do acceso a través do atrio da igrexa, a partición de interiores e tabiquería, a instalación de electricidade, iluminación, fontanería, saneamento e aparellos sanitarios. A maiores, tamén se levarán a cabo solados e alicatados, revestimentos e falsos teitos, e illamentos así como a instalación de protección contra incendios.

Para concluír, Ángeles Vázquez incidiu en que no ano 2023 a Xunta manterá o impulso dado á recuperación do xa construído, incrementando nun 21% os fondos destinados a esta materia. “Pasamos dos 45,7 millóns de euros cos que contamos en 2022 aos 55,3 dos que disporemos o vindeiro exercicio”, aseverou.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas