Home A Coruña Camariñas devolve a visita á vila irmá francesa de La Turballe

Camariñas devolve a visita á vila irmá francesa de La Turballe

- Anuncio -

· A alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes desprazaronse ata a localidade francesa.

· Nos últimos meses varias persoas de La Turballe viaxaron, en bicicleta e en barcos de vela, a Camariñas.

Unha comitiva de Camariñas, encabezada pola alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, devolveu a visita á vila irmá francesa de La Turballe, tralas súas últimas visitas a terras galegas durante o verán.

Camariñas e La Turballe están irmandados desde o ano de 2017 e, dentro dos moitos actos levados conxuntamente entre ambos municipios, este verán desprázaronse a Camariñas, primeiro en bicicleta e logo en barcos de vela para participar nas Festas do Carme, varios veciños e veciñas da localidade francesa.

Así, o Concello de Camariñas decidiu continuar estreitando os lazos que os unen e programou esta visita, na que a comitiva camariñana foi recibida polo alcalde de La Turballe, Didier Cadro, e pola presidenta da Asociación La Turballe Cap Camariñas, Dominique Floch.

No acto os representantes franceses entregáronlle aos camariñás un cadro no que se poden apreciar os barcos de vela que estiveron en Camariñas durante as Festas do Carme e, simbolicamente, o mar que une ambos municipios.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas