Home A Coruña Comeza a plantación das moreiras de Valdeorras en San Andrés, onde avanzan...

Comeza a plantación das moreiras de Valdeorras en San Andrés, onde avanzan as obras de reurbanización

- Anuncio -

En paralelo á chegada do arboredo, o vindeiro luns arrincarán os traballos de formigonaxe no treito comprendido entre a rúa Nova e Pórtico de San Andrés

Avanzan as obras de reurbanización da rúa de San Andrés, onde este venres xa foron visibles varios dos novos exemplares de moreira de Valdeorras que está a plantar o Concello no treito comprendido entre a rúa Nova e a rúa Pórtico.

Nesta primeira quenda de traballos co arboredo plantáronse 15 moreiras, ás que seguirán máis nos vindeiros días, a medida que se vaian habilitando os espazos e alcorques necesarios para ubicalas ao longo da rúa. A alcaldesa, Inés Rey, lembrou hoxe que “a recuperación desta especie responde á intención de devolver á rúa de San Andrés á súa imaxe orixinal, a do bulevar que foi a finais do século XVIII”.

Unha das características destacadas das moreiras de Valdeorras que se están a plantar en San Andrés é que son da variedade fruitless, o que redundará nunha maior limpeza do firme. As árbores e as barreiras vexetais actuarán tamén de elemento separador entre os espazos peonís e a plataforma central por donde pasarán os vehículos, cun carril por sentido para o tráfico rodado.
“O noso obxectivo é que as melloras en San Andrés permitan recuperar a súa identidade comercial. É importante apoiar ao pequeno comercio, estar a carón das e dos emprendedores con campañas de difusión e facendo visibles os seus negocios. A intervención en San Andrés, que no pasado tiña este espírito, vai nesa liña: a de recuperar espazos públicos para revitalizar o seu día a día e dinamizar economicamente tanto San Andrés como a súa contorna”, subliñou Rey.

A partir do luns, traballos de formigonaxe entre Pórtico e rúa Nova

En paralelo á plantación das moreiras, o Concello prosigue cos traballos no pavimento e o firme da calzada. Neste sentido, e sempre e cando as condicións climatolóxicas sexan favorables, o vindeiro luns 11 de novembro comezarán os traballos de formigonaxe previstos no treito entre a rúa Nova e Pórtico de San Andrés.

A plataforma central por onde pasarán os vehículos será de formigón desactivado, máis resistente á erosión e o paso do tempo, o que permitirá solventar as antigas dificultades e problemas de bacheo que viñan derivadas, en ocasións, do recheo inferior que hai baixo os adoquíns.

Relacionadas

A veciñanza de Aguiño pide médicos a tempo completo

0
A veciñanza de Aguiño mobilizouse un venres máis para demandar a cobertura completa de profesionais médicos no centro de saúde da parroquia. Membros do equipo...

A CREBA presenta os seus servizos e a situación das mulleres ante a violencia...

0
O salón de plenos lousamiá acolleu esta mañá a decimoquinta xuntanza da Mesa, presidida pola concelleira de Igualdade Silvia Agrafojo O salón de plenos do...

Presentación dos concursos de embelecemento do Nadal de Ribeira Ribeira, 8 de novembro de...

0
Hoxe pola maná celebrouse a convocatoria para presentar os concursos de embelecemento do Nadal, ao acto asistiron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta,...

Goretti Sanmartín participa no acto de inauguración do Centro de Investigación Mestrelab

0
Goretti Sanmartín participa no acto de inauguración do Centro de Investigación Mestrelab A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe na inauguración Mestrelab CIM, na...

O Concello organiza un obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina...

0
O luns abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina a partir dos 50...

O Teatro Colón acollerá o 22 de novembro o 30 aniversario do bravú

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou o evento, que consistirá na proxección do documental BRAVÚ XXX e a actuación de Orquestra...

Publicacións Relacionadas