Free Porn
xbporn
Home A Coruña Comeza o programa "Saber Facer Barrio 2024" para reflexionar sobre emprendemento e...

Comeza o programa “Saber Facer Barrio 2024” para reflexionar sobre emprendemento e oportunidades de negocio

- Anuncio -

A próxima semana arrinca en Conxo a acción “Saber Facer Barrio 2024”, impulsada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, dentro do programa de activación económica “A Compostela dos barrios”. Trátase de faladoiros para reflexionar sobre emprendemento e empregabilidade, e para que as persoas participantes poñan en común as súas experiencias de negocio. A iniciativa desenvolveráse en nove centros socioculturais de Santiago.

“Saber Facer Barrio 2024” comezará a súa andaina o próximo martes en Conxo, e ao longo dos meses de outubro e novembro pasará polos centros socioculturais de Vite, O Romaño, Fontiñas, A Trisca, Santa Marta, Ensache, Figueiras e Maruxa e Coralia da zona histórica. En cada centro e barrio haberá tres sesións en tres días sucesivos: un café na mañá dos martes para falar de emprendemento e opcións de negocio; unha “caña” na tarde dos mércores para reflexionar sobre empregabilidade e habilidades para o emprego; e un encontro na noitiña dos xoves para que as persoas emprendedoras e traballadoras do barrio compartan as súas experiencias. Todos os faladoiros terán unha duración de 60 minutos, e serán moderados por un consultor especializado en emprendemento e empregabilidade que fomentará a interactividade.

A participación será gratuíta, cun aforo máximo de 15 persoas por cada sesión. A reserva de praza pode facerse na web vitaminabe.com.

Esta iniciativa enmárcase no obxectivo da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude de poñer en valor o tecido empresarial e comercial dos barrios, e de fomentar un ecosistema emprendedor de base local.

Relacionadas

Adxudicación da redacción proxecto básico e de execución para a Rehabilitación do Conservatorio de...

0
O concello de Ribeira segue novamente dando pasos en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade con esta nova adxudicación de redacción de proxecto e...

Música, maxia, mercado de artesanía, mostra etnográfica e degustación de produtos locais, esta fin...

0
A festa abrirase na tarde do sábado 21 de setembro cun concerto de Roi Casal dentro da súa xira “Ambos Mundos” A praza de Ponte...

O Concello promove ‘Sons e saberes no Monte dos Crutos’, con actividades para todas...

0
Haberá rutas, visitas musicadas, contacontos e actuacións musicais este venres e sábado Esta fin de semana celebraranse as xornadas ‘Sons e saberes no Monte dos...

O Pico Sacro acollerá o do sábado 28 de setembro o espectáculo Camiño Máxico

0
O Pico Sacro acollerá o vindeiro sábado 28 de setembro, ás 21:00 horas, o espectáculo Camiño Máxico no Pico Sacro, da compañía Queiman e...

Inés Rey: “Non hai reto de futuro que non pase por poñer no centro...

0
A alcaldesa interveu na mesa de debate “Los retos de las ciudades en el horizonte 2030-2050” no IV Congreso RECI, que tivo lugar en...

A ruta BTT nocturna e unha exhibición de rugby, últimos acontecementos deportivos do verán...

0
O Concello de San Sadurniño pechará esta fin de semana o calendario de actividades deportivas do verán. E farao coa Ruta BTT nocturna organizada...

Publicacións Relacionadas