Comeza un novo outono en Oleiros cheo de actividades para as familias da man do Apego

adminON

Comeza un novo outono en Oleiros cheo de actividades para as familias da man do Apego

Oleiros, 15 de setembro de 2025.- Volve a programación do programa Apego cargada de actividades para as familias: espectáculos de rúa, obradoiros de olería, contacontos, concertos infantís, teatro, cantarelas… para gozar dun outono cheo de emocións.

O vindeiro 19 de setembro comeza a programación organizada polo SNL do Concello de Oleiros co Obradoiro de olería: Dona Pepiña a tartaruga, impartido por Isabel Gómez, na Escola Municipal de Olaría situada nas Torres, en santa Cruz. O obradoiro realizarase en tres sesións, unha sesión por día, os días 19 e 26 de setembro e 3 de outubro. É imprescindible acudir as tres sesións para poder participar no obradoiro.

Cada participante creará a súa propia tartaruga, dándolle forma coas mans e decorándoa con moita imaxinación. A través deste proceso, aprenderemos os valores que representa Dona Pepiña: creatividade, paciencia, sabedoría e resiliencia, os mesmos que atopamos na olería.

As persoas destinatarias desta actividade son familias con nenos e nenas de 1 a 3 anos (17.00 h) e de 4 a 6 anos (18.30 h). A actividade terá 1 hora de duración e os horarios son os seguintes:  ás 17.00 horas (familias con nenas e nenos de 1 a 3 anos) e  ás 18.30 horas (familias con nenos e nenas de 2 a 4 anos)

A inscrición neste obradoiro poderá realizarse desde o 15 de setembro a partir das 10.00 horas (terán preferencia as familias inscritas en Apego os dous primeiros días de inscrición).

Enlaces:

Consulta toda a programación do APEGO na web municipal, xanela Normalización Lingüística (https://www.oleiros.org/actividades-infant%C3%ADs/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/2111567 )

Máis información no Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.

Comparte este artigo