O Concello de Oia, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA), abrirá nas próximas semanas unha nova edición do programa “Cultiva a Mente”, unha iniciativa dirixida á promoción do envellecemento activo e ao mantemento das capacidades cognitivas das persoas maiores.
A actividade desenvolverase todos os mércores, en horario de 18.15 a 19.45 horas, na Praza de Abastos de Oia, e estenderase desde o 18 de novembro ata xuño de 2027.
O programa está dirixido a persoas maiores de 55 anos e ten como obxectivo estimular as capacidades cognitivas, fomentar a socialización, reforzar as emocións positivas e promover hábitos saudables para o coidado do cerebro.
Trátase dunha actividade gratuíta que permitirá ás persoas participantes realizar exercicios e dinámicas adaptadas ás súas necesidades, contribuíndo ao seu benestar e á mellora da súa calidade de vida.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición previamente a través do Concello de Oia, contactando cos Servizos Sociais municipais no teléfono 986 362 125 ou 639 329 493.
Con esta iniciativa, o Concello de Oia continúa apostando por programas de prevención e promoción da saúde dirixidos ás persoas maiores, favorecendo espazos de encontro, participación e estimulación cognitiva no municipio.

