Home A Coruña Comezan as xornadas dedicadas a impulsar a transformación dixital en Cerdido enmarcadas...

Comezan as xornadas dedicadas a impulsar a transformación dixital en Cerdido enmarcadas no programa Rural Tic do Ineco

- Anuncio -

• Hoxe comezou na Casa da Cultura a primeira das xornadas destinada aos maiores do municipio para introducirlles no uso das novas tecnoloxías

• A segunda xornada, que terá lugar o xoves día 16 de marzo as 17.00 horas na Casa da Cultura, un obradoiro dirixido a pais e nais de menores e baseado na ciberseguridade

• O luns 20 de marzo as 18.00 horas, tamén na Casa da Cultura, terá lugar o Obradoiro dirixido ás Pemes e autónomos para asesoralos en materia de posicionamento dixital

O Concello de Cerdido iniciou unha serie de talleres enmarcados no programa Rural Tic do Ineco e que teñen por obxectivo a dixitalización social, e o fomento do uso de novas tecnoloxías, especialmente na veciñanza de idade máis avanzada, ensinando a usar, por exemplo, Whatsapp, banca móbil, citacións médicas e outros métodos de comunicación .

O concelleiro de Facenda, Promoción Económica e Turismo, Cándido Prieto, presentou hoxe comezou a primeira das xornadas destinadas aos maiores do municipio para introducirlles no uso das novas tecnoloxías: redes sociais, sedes electrónicas e seguridade social a toda a poboación ,en especial a xente maior ,sobre novas tecnoloxías, redes sociais, Facebook, Whasapp, sede electrónicas, citas médicas por Internet, seguridade social, etc.

A segunda xornada, que terá lugar o xoves día 16 de marzo as 17.00 horas na Casa da Cultura, un obradoiro dirixido a pais e nais de menores e baseado na ciberseguridade. Neste caso abordaranse os ricos en Internet, a definición dun contido inapropiado, as actuacións fronte a un contido perigoso, privacidade, os motivos para publicar nas redes sociais, as primeiras redes sociais, relacións en liña, habilidades de comunicación, ciberacoso, violencia nas rede, ou o tempo que pasan os menores na rede.
O luns 20 de marzo as 18.00 horas, tamén na Casa da Cultura, terá lugar o Obradoiro dirixido ás Pemes e autónomos para asesoralos en materia de posicionamento dixital, creación e optimización de páxinas web, presenza en redes sociais ou deseño de Apps.

Para calquera información os interesados poderán chamar ao concello, (981 41 10 00) ou dirixirse directamente ás oficinas nas que estará persoal do INECO desde o día 13 de marzo ata o 24 de marzo.
Estas xornadas sobre transformación dixital poden ser de moita utilidade para todos os veciños e veciñas de Cerdido, poñendo á súa disposición as ferramentas necesarias para adaptarse aos tempos actuais.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas