Home A Coruña David Fernández Ginzo e Ana Belén González Margaride, gañadores do 38 Memorial...

David Fernández Ginzo e Ana Belén González Margaride, gañadores do 38 Memorial Volta á Ría-Adolfo Ros

- Anuncio -

Nun tempo de 1h:07:52 e de 1h:29:45 remataron esta trixésimo oitava edición do Memorial Volta á Ría-Adolfo Ros David Fernández Ginzo e Ana Belén González Margaride, os primeiros en cruzar o arco da meta deste evento deportivo organizado polos concellos de Narón, Ferrol, Neda e Fene. Ás 10:00 horas o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, daba a saída da categoría absoluta e posteriormente das Sub 18 e sub 16; sub 14 e sub 12; sub 10; sub 8 e a de peques e discapacidade –participaron persoas da Asociación Española Familia Ataxia Telangiectasia-, nas que se inscribiron un total de 800 persoas.
Despois de cruzar a meta David Fernández (Valdés), na categoría absoluta masculina chegaron Juan Rejas Gabeiras (Club Tríatlon Ferrol) e Andrés Campos Guerrero (Rota). Na categoría absoluta feminina, tras Ana Belén González Margaride (Bergonte), chegaron Inés Iglesias Hervella (A Coruña) e Helena Peñas González (Opa Ferrol Team Running). Os resultados desta proba ao completo poden consultarse a través da web: https://www.carreirasgalegas.com/results/xxxviii-memorial-adolfo-ros-volta-ra/ypld57mR.
O alcalde accidental de Narón, Manuel Ramos, e o concelleiro de Deportes naronés entregaron os premios das probas de menores, media maratón e absoluta, así como os gañadores dos catro concellos. O acto desenvolveuse ao mediodía nas instalacións do Auditorio municipal, na Praza de Galicia, e nos mesmo participaron tamén o edil de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey; o primeiro tenente de alcalde de Neda, Ángel García; o alcalde e o edil de Deportes de Fene, Juventino Trigo e Adán Chao e a filla de Adolfo Ros, Sabela Ros, á que tamén se lle entregou un ramo de flores pola súa implicación con esta proba e en recoñecemento á figura do seu pai que perdeu a vida salvando a uns mozos na praia de Doniños.
Dende o Concello de Narón agradeceuse ademais a colaboración da Garda Civil, axentes da policía local dos concellos implicados na proba e tamén voluntariado de Protección Civil, persoal sanitario e demais persoas que fixeron posible o correcto desenvolvemento deste evento deportivo.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas