HomeA CoruñaA CoruñaDeporte e solidariedade daranse a man no evento Motores pola vida, a...

Deporte e solidariedade daranse a man no evento Motores pola vida, a favor de ASANOG

- Anuncio -spot_img

· Será este domingo, 28 de setembro, desde as 10.00 ata as 19.00 horas no encoro de Beche.

O deporte e a solidariedade daranse a man no evento Motores pola vida. A paixón que sanda, organizado por Bikers Solitarios. A cita, na que todo o recadado destinarase á Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (ASANOG), terá lugar este domingo, 28 de setembro, de 10.00 a 19.00 horas no encoro de Beche. O alcalde, José Antonio Santiso, e o concelleiro, Alberto Seoane, recibiron, esta mañá, ao presidente de Bikers Solitarios, Juan Lojo, e á responsable de Comunicación de ASANOG, Aldara Palmeiro.

O rexedor aplaudiu a iniciativa e apuntou que se trata dun evento “para os amantes do motor, pero tamén como unha oportunidade de pasar unha xornada en familia e apoiar a unha entidade como ASANOG, que cumpre un labor esencial”.

Programación

Motores pola vida contará coa participación do piloto de motociclismo galego Martín Portela, que confirmou a súa asistencia á cita solidaria. Portela é campión de España en 110 cc, sendo o único galego que conseguiu o dobre título en dúas probas distintas. Así mesmo, tomarán parte na cita varios motoclubs da zona.

Durante a xornada, daranse cita en Beche motos de estrada e off-road, coches clásicos e mesmo camións. O evento incluirá roteiros organizados, exhibicións, sorteos e sesión dj. En definitiva, unha programación completa coa que se buscará cumprir un claro obxectivo: recadar fondos para apoiar a nenos e mozos que padecen esta enfermidade.

As persoas interesadas en sumarse a través da páxina web Motor España. A inscrición incluirá tanto a comida como a participación nos roteiros en moto e o acceso a charlas moteiras, entre outras propostas.

Publicacións Relacionadas