Ante o avance incontrolable do Helichrysum petiolare no Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes, o Concello segue a actuar contra esta especie exótica invasora. A próxima actuación prevista, en colaboración coa Universidade da Coruña, consistirá en dúas xornadas de voluntariado para eliminar a especie e avanzar na investigación dos procedementos para a súa completa erradicación.
A actividade realizarase na contorna dos Faros de Mera os días 23 e 24 de novembro desde as 10 da mañá. As persoas interesadas en participar poden apuntarse a través dun formulario en liña. Haberá un petisco para todas as persoas voluntarias.
Para obter máis información é posible contactar co 981 618 154 ou través do correo electrónico turismo@oleiros.org.