Home A Coruña En marcha os traballos de mellora previstos na estrada dos Fortes, onde...

En marcha os traballos de mellora previstos na estrada dos Fortes, onde se reforzarán as medidas de seguridade viaria na contorna dos centros educativos 

- Anuncio -

Sobreelevaranse os pasos peonís ao longo da vía, crearase unha pequena zona de lecer nas inmediacións do pavillón de Cocheiras e tamén se aumentarán as prazas de estacionamento preto de Calasancias e Calasanz 

O Concello puxo en marcha esta semana a fase preliminar á execución das melloras previstas na estrada dos Fortes, unha intervención coa que o Goberno de Inés Rey busca facer máis accesible este percorrido que conecta os barrios dos Rosales e San Pedro de Visma, e coa que reforzará tamén a seguridade viaria preto dos centros educativos e do centro de saúde situado no cruzamento coa rúa Alfonso Rodríguez Castelao. 

Os traballos, adxudicados á empresa Canarga, suporán un investimento de case 90.000 euros e permitirán adecuar tanto a estrada como a súa contorna ás súas necesidades actuais. A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, lembrou que, atendendo aos informes técnicos do Concello, o radar pedagóxico instalado hai dous anos na estrada do Fortes “reflicte que, efectivamente, detéctase un número excesivo de infraccións ao volante nun treito onde o máximo de velocidade marcado para o tráfico rodado é de 30 quilómetros/hora”. 

Para minimizar ou evitar este tipo de incidencias, Díaz avogou por insistir na concienciación e, en paralelo, implementar medidas para remodelar o percorrido da estrada dos Fortes e súa sinalización horizontal e vertical e facer máis visibles os camiños escolares a Calasanz e Calasancias. “Vimos traballando ano tras ano con asociacións como STOP Accidentes, colaborando para acometer medidas de mellora e redución da velocidade nas inmediacións dos centros educativos, mais é preciso contar coa colaboración de toda a cidadanía. A nosa prioridade, hoxe e sempre, son as persoas. E iso esixe un compromiso colectivo de todas e todos para calmar o tráfico rodado”, incidiu a concelleira. 

O abano de actuacións previstas polo Concello inclúe a sobreelevación dos pasos peonís existentes e, en paralelo, máis redutores físicos da velocidade; reforzarase a sinalizaciónhorizontal e vertical ao longo da estrada. Ademais, crearase unha nova orella de protección peonil no cruzamento coa rúa Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. 

Neste sentido, tamén está previsto crear una pequena zona de lecer, con arboredo e mobiliario urbano, entre Calasancias e o pavillón polideportivo de Cocheiras. Este será, precisamente, o punto de partida das intervencións na estrada dos Fortes, onde xa se habilitaron as casetas de obra estes últimos días. 

A maiores, tamén se duplicarán os espazos de estacionamento que hai actualmente no acceso norte do parque Adolfo Suárez, moi preto das Calasancias en sentido de baixa e fronte á entrada principal ao Calasanz. Actualmente hai seis prazas en liña, que pasarán a ser doce, en batería, tras a intervención alí prevista. “Desta forma, incrementamos as superficies dispoñibles para aparcar nun percorrido onde, habitualmente, moitas familias recorren ao vehículo privado para recoller as crianzas nos colexios da zona”, indicou Noemí Díaz.

Relacionadas

Case mil nenos e nenas na proba de campo a través escolar

0
A partir das 10.30 h - Polígono de Bértoa O Concello de Carballo organiza unha proba deportiva escolar de campo a través con participación de...

Betanzos e Vilalba incorporanse ao Eixo Atlántico na XXXIII Asemblea Xeral

0
A XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada esta mañá en Viana do Castelo, aprobou a adhesión de dous novos municipios á entidade: Betanzos...

Gonzalo Castro reivindica a figura integradora de Castelao no seu 75 cabodano

0
O concelleiro de Cultura e Turismo participou nos actos organizados na Coruña para honrar a súa figura O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro,...

Inés Rey sitúa a Intermodal como exemplo da transformación urbana da Coruña

0
A alcaldesa abriu o Foro Urbano celebrado no Centro Cívico de Os Mallos, onde veciños e veciñas puideron coñecer e achegar novos proxectos para...

O alcalde logra que o Goberno central se comprometa a actuar na pasarela do...

0
O alcalde, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Antonio Molinos, reuníronse esta tarde en Madrid co Secretario de Estado...

Once centros de estudos superiores participarán o 25 de febreiro na I Feira das...

0
Ademais dos centros de secundaria, que xa teñen visitas concertadas, a iniciativa está aberta ás familias Once centros de estudos superiores participarán na I Feira...

Publicacións Relacionadas