Home A Coruña Entran en funcionamento os novos puntos limpos de proximidade dos Castros, Os...

Entran en funcionamento os novos puntos limpos de proximidade dos Castros, Os Mallos e Palavea

- Anuncio -

Os tres colectores súmanse aos de Monte Alto, Os Rosales, Agra do Orzán e Novo Mesoiro, nos que o ano pasado os vecinos e veciñas depositaron case 5000 quilos de residuos de difícil reciclaxe

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, asistiu á instalación do novo punto limpo de proximidade que o Concello colocou á altura do número 132 da avenida de Oza. Este colector, xunto aos que o Goberno de Inés Rey instalou na praza de Monforte (Os Mallos) e na praza do Padre Busto (Palavea) aumentan ata sete a actual rede de puntos de proximidade destinados a residuos domésticos de difícil reciclaxe. A veciñanza poderá depositar neles residuos domésticos de tamaño reducido como bolígrafos e material de escritura, cartuchos de tinta, pequenos RAEES (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos), pilas e acumuladores, cápsulas de café e lámpadas.

Neira explicou que se agarda, cos novos colectores, aumentar de forma significativa o volume de recollida destes residuos que son tecnicamente reciclables, pero que requiren dun tratamento máis complexo e de maior custo. “En 2023 recolléronse un total de 4920 quilos destes residuos, máis de 2000 quilos máis que o ano anterior”, sinalou Neira, que animou os veciños para utilizar os novos colectores para desfacerse destes residuos, evitar que acaben no vertedoiro e conseguir a súa reciclaxe e reutilización.

Os minipuntos limpos de proximidade son colectores de residuos de pequeno formato instalados na vía pública. Os sete colectores internos permiten manter separados os diferentes residuos e a forma e colocación das bocas non permite o acceso fortuíto ao interior. Un sistema especial de illamento, permite unha protección total dos residuos fronte a entrada e saída da auga, evitando así que esta corrompa e arrastre os elementos contaminantes contidos nos diferentes depósitos, como o mercurio das pilas botón, as tintas dos cartuchos da impresora ou o chumbo dos RAEEs.

A instalación dos novos minipuntos prodúcese no marco da Semana Europea da Prevención de Residuos. Cada colector supuxo un investimento de 9.900 euros, dos que o 85% foi financiado pola Unión Europea con cargo aos fondos NextGeneration EU de acordo coa liña de axudas convocada pola Vicepresidencia Segunda e Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Estes novos puntos limpos de barrio completan a rede de recollida de residuos contaminantes, perigosos e de difícil reciclaxe da cidade, formada polos dous puntos limpos urbanos dos Rosales e Eirís, os dous puntos limpos nos polígonos industriais de Pocomaco e Agrela e o Punto Limpo Móbil.

Relacionadas

Máis de 250 nenos e nenas de Boqueixón participan este luns nunha andaina polo...

0
Algo máis de 250 nenos e nenas participarán este luns 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, nunha andaina polo 25N organizada polo...

O Concello de Frades conmemorará o 25N cunha escape room sobre violencia de xénero...

0
O Concello de Frades conmemorará este luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cunha dobre actividade....

Brión conmemorará o 25N cunha actuación de Teatro das Maniotas, conformado por alumnado do...

0
O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero cun acto institucional no que a concelleira de Igualdade,...

Últimos días para anotarse nas actividades de conciliación do Concello de Brión

0
O Concello de Brión convoca 50 prazas nas súas actividades de conciliación de Nadal 2024-2025, dirixidas a familias con menores a cargo e con...

A Reserva de Biosfera licita a execución da súa “Rede Eco da Biosfera”, con...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas saca a licitación a instalación, mantemento...

O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con El tallista...

0
A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de...

Publicacións Relacionadas