Home A Coruña Gonzalo Muíños insiste en reclamar actuacións de reparación e  limpeza no parque...

Gonzalo Muíños insiste en reclamar actuacións de reparación e  limpeza no parque Mosquera Pérez en Vista Alegre 

- Anuncio -

O portavoz dos socialistas denuncia o abandono dos xardíns con follas  acumuladas e “importantes fochancas” na calzada que discorre polo parque Lembra que xa no mes de abril os socialistas levaron un rogo ao pleno municipal  

instando a acometer estas actuacións e, lamenta, “pasan os meses e a situación  vai a peor sen que o goberno faga nada por arranxalo” 

Fochancas, lousas levantadas e falta de  limpeza: é a situación na que se atopa o parque Mosquera Pérez en Vista Alegre. Así o  asegura desde o Grupo Municipal Socialista o seu portavoz, Gonzalo Muíños, que acusa  ao goberno local de “desleixo” coas zonas verdes da cidade. Muíños lembra que xa no mes de abril os socialistas levaran a pleno un rogo instando ao goberno local a  acondicionar o parque: “pasaron xa catro meses e a situación vai a peor” critica.  

O edil socialista asegura que seguen a sucederse as queixas veciñais polo estado no que  se atopa o parque logo de “meses de abandono que van a máis”. Reclama que se  acometan actuacións de ‘rebacheo’ na rúa que atravesa o parque, mentres non se poida  acometer o asfaltado da mesma, toda vez que presenta “importantes fochancas”.  

“Estamos falando de actuacións do día a día, que non habería tan sequera reclamalas”  explica Muíños que lle pide ao executivo de SanmarPn maior “dilixencia nas cousas do  cotián”, porque “semella que entre tanto anuncio de grandes revolucións no Concello  estase a esquecer das pequenas cousas, e non tan pequenas, nos barrios e nas rúas”.  

Neste sentido, inclúe Muíños na lista de debes do goberno local na zona o estado no que  se atopan as beirarrúas na rúa Pelamios, con un gran número de lousas soltas que  “poden supor un perigo para os peóns e, sobre todo, para as persoas de maior idade e  con problemas de mobilidade”. 

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas