Iluminación do concello no Día da Fibromialxía

Redacción

Co motivo da celebración do día da Mundial da Fibromialxia  y sfc (síndrome de fatiga crónica) o vindeiro día 12 de maio, e a petición da asociación Fibro Visibles, asociación sen animo de lucro de carácter autonómico, o Concello de Fene vai colaborar na visibilidade de esta  enfermidade iluminando o Concello en cor morado, por ser esta a cor identificativa de esta doenza.

O obxectivo da Asociación Fibro Visibles, é dar visibilidade a esta enfermidade xa que está cargada de estigmas e descoñecemento no entorno social, familiar, laboral, etc. Esta enfermidade, aínda que non se percibe a simple vista condiciona profundamente a vida das persoas que a padecen, de aí a importancia da visibilidade da mesma.

  • DATA: 11 e 12 de maio
  • COR ILUMINACIÓN: morado
  • LUGAR: Concello de Fene
Comparte este artigo