Home A Coruña Inauguración da exposición do Club Raza Can de Palleiro

Inauguración da exposición do Club Raza Can de Palleiro

- Anuncio -

Inauguración da exposición fotográfica do Club Raza Can de Palleiro, que se amosa na Casa da Cultura-Museo do Humor Xaquín Marín, en Fene. O presidente da entidade, Juan Carlos Puente, e o vogal Dani Bogo, estiveron na inauguración da mostra á que tamén asistiron o concelleiro de Cultura de Fene, Justo Ardá, e a concelleira de Deportes, Cristina García Moroño.

A exposición está composta por 40 imaxes de gran formato que reflicten as características morfolóxicas da Raza Can de Palleiro, un tipo de animal de tamaño medio,de constitución forte, feituras próximas ás do lobo e cor da capa normalmente uniforme, que pode ir desde tonalidades area ata as negras pasando por canelas, castañas e grises escuras.

Así, na mostra vemos poses de cans, cadelas e cachorros que nos axudarán a apreciar a súa fisonomía, pero que tamén nos transmitirán unha idea sobre o seu carácter. Tal e como se describe na web do club, esta raza autóctona posúe aptitudes para o pastoreo e para a garda, ademais de ser dócil coa xente da casa.

A exposición fotográfica permanecerá en Fene até o 29 de setembro e poderá visitarse de luns a venres en horario de 10 a 13 e de 16 a 21:00h, mentres que os sábados só abrirá pola mañá, de 10 a 13:00h.

Trátase dunha actividade itinerante que está percorrendo distintos concellos galegos como parte das accións de difusión da raza e do traballo que desenvolve a entidade.

O Club Raza Can de Palleiro, fundado como asociación en 2002, é o único autorizado e recoñecido pola Xunta de Galicia para xestionar o libro xenealóxico da raza e, polo tanto, verificar o “pedigree” das femias e machos e da súa descendencia. O número de exemplares rexistrados dentro e fóra de Galicia achégase aos 3.000.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas