Home A Coruña Inés Rey: “Hoxe damos un novo paso decisivo para o futuro do...

Inés Rey: “Hoxe damos un novo paso decisivo para o futuro do noso Porto Exterior”

- Anuncio -

A alcaldesa interviu no acto de inicio das obras de ampliación do Porto Exterior de Punta Langosteira, financiadas con fondos Next Generation

A alcaldesa, Inés Rey, interviu no acto de inicio das obras de ampliación do Porto Exterior de Punta Langosteira: “Hoxe damos un novo paso decisivo para o futuro do noso Porto Exterior, unha infraestrutura que simboliza a aposta pola transformación e o desenvolvemento sostible”, destacou a alcaldesa. Tamén interviu Dolores Salorio, directora de obra; o presidentes da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado; o presidente de Puertos del Estado, Alvaro Rodríguez Dapena; o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Asistiron ao acto subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage.

Rey subliñou o papel clave da colaboración entre administracións para a consecución do enlace ferroviairo do Porto Exterior: “Cando traballamos xuntos, podemos converter proxectos en realidades”. Nese marco, a rexedora salientou o traballo conxunto para redefinir a fachada marítima da cidade coa sinatura do protocolo Coruña Marítima. “Quen me coñece sabe que concibo o entendemento como a principal ferramenta política. Con esa premisa lideramos o desbloqueo do acceso ferroviario ao Porto Exterior no 2021 e acabamos de asinar o protocolo Coruña Marítima para adaptar os terreos portuarios interiores á nova realidade social como espazo público”, completou Rey.

A intervención potenciará o transporte de graneis sólidos e líquidos, facilitando o asentamento de novas empresas e proxectos en sectores clave como as enerxías renovables e a tecnoloxía offshore. Rey destacou que “o hidróxeno verde poderá converterse no verdadeiro petróleo galego” a través de empresas como Fisterra Energy, Enerfin, Navantia, Acciona ou Ferrovial para liderar esta transformación. “Estamos construíndo o futuro que queremos para A Coruña e Galicia” aseverou. Así mesmo, agradeceu o apoio económico do Goberno de España a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, tanto no acceso ferroviario como nas obras iniciadas para a mellora da conectividade da dársena coa rede ferroviaria xeral.

Relacionadas

O Concello colabora con Ecovidrio nunha campaña de reciclaxe de Nadal

0
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, asistiu á presentación dunha árbore feita con material reciclado O Concello da Coruña colabora coa campaña que pon...

O Concello colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na divulgación dunha planta...

0
O Concello de Carballo colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na protección de plantas “exclusivas da zona” que corren risco de extinción,...

Papá Noel iniciaba esta mañá o seu percorrido por Neda

0
Papá Noel iniciaba esta mañá o seu percorrido por Neda. Como en anos anteriores, o Concello organizou unha cabalgata con itinerario amplo, que vai...

O proxecto constructivo da Cuarta Rolda incorporará a conectividade cos polígonos empresariais de Agrela,...

0
A alcaldesa e o director xeral de Carreteras del Estado, Juan Pedro Fernández, reuníronse hoxe coas e cos representantes das asociacións dos tres polígonos...

O teatro cine Elma encherase de música cun novo concerto no 28 de decembro

0
A música eríxese como un dos pratos fortes das propostas de Nadal que chega da man do tecido asociativo da Pobra do Caramiñal. Por estas...

O Concello de Ponteceso, programará varias actuacións de balde con motivo das festas de...

0
O Concello de Ponteceso, programará varias actuacións de balde con motivo das festas de Nadal. Estes eventos terán os seguintes horarios e emprazamentos: - Día...

Publicacións Relacionadas