Home A Coruña Laxe convértese nun referente no deporte da Vela

Laxe convértese nun referente no deporte da Vela

- Anuncio -

Hai uns días púidose gozar da REGATA SADA-LAXE-SADA e no día de hoxe púidose comprobar como chegaban a porto os barcos da REGATA MAR DE MAELOC RÍAS ALTAS, que puntúa  para o Campionato de España de Regatas de Altura 2021

Laxe hoxe converteuse nun autentico espectáculo para todos os amantes da vela coa competición da Regata Mar de Maeloc Rías Altas, onde veciños, amantes da vela e curiosos puideron comprobar as marabillosas embarcacións que unha tras outra ían chegando a porto, tras percorrer un distancia de 35 millas entre os portos da Coruña e Laxe.

A última hora desta tarde, chegaban as primeiras embarcacións que aos poucos se foron acomodando no porto de Laxe, onde os esperaban o alcalde José Luís, acompañado do tenente de alcalde e responsable de deportes Francisco Charlín, Antonio Nores Quesada, vicepresidente do Real Club Náutico da Coruña, o comodoro Jorge Saavedra e José Manuel Pato Delegado en Galicia da Real Liga Naval Española.

Coa entrega de premios que comezou ás 20:00 horas púxose final á 1ª etapa desta competición sen deixar de resaltar o apoio que A Cruz Vermella do Mar, na súa base de Laxe prestou á competición, a nivel de seguridade así como aos medios informativos desprazados a esta vila coruñesa, ao acollelos nas súas magníficas e modernas instalacións do Porto de Laxe, a cargo de José Manuel Barcia Mira.

Este venres ás 12:00 horas terá lugar a segunda etapa entre Laxe e Muxía cun trazado de 17 millas, e no que se despedirán estas naves do Porto de Laxe, o alcalde anima a todos os amantes deste tipo de embarcacións que non perdan a oportunidade de velos partir este sábado, e convida a todos e a todas de que veñan gozar deste gran espectáculo, José Luís conxuntamente co concelleiro de deportes Francisco Charlín e todo o seu goberno ao completo, queren agradecer a todos os que fixeron posible que este evento estea a celebrarse en Laxe, e sente enormemente o non poder facer unha recepción como se merecen, por causa das restricións do Covid-19, pero o alcalde espera que en breve poderán volver repetir a experiencia e coa pandemia controlada, será unha auténtica festa do deporte.

Top Ten Xeneral tras a 1ª Etapa

1º Impresión 3D Atlántico, Guillermo Blanco (RCN La Coruña)
2º Sadamar Alma do Mar, Nito Enriquez (CM La Penela)
3º Bon 3, Víctor Carrión (CNPL Vigo)
4º Bosch Service Solutions, Ramón Ojea-A.Pérez Canal (CMC Vigo)
5º Urbapaz, Francisco Edreira (CM La Penela)
6º Raygrass III, José Antonio Núñez (CNC Corcubión)
7º Bodegas Benito Santos, Jorge Etcheverría (RCN La Coruña)
8º Eleko-Mambo, Carlos Sampedro Curbera (CM La Penela)
9º Lambaix, Antonio Ríos (CN Sada)
10º Mascato, Enrique Vilariño (RCN La Coruña)

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas