Home A Coruña Licitados os traballos para remodelar e mellorar a área para o coidado...

Licitados os traballos para remodelar e mellorar a área para o coidado de focas no Aquarium Finisterrae

- Anuncio -

O Concello ten previsto acometer un amplo abano de intervencións no recinto, creando unha nova piscina de illamento

Ademais, executarase unha reforma para mellorar os accesos, peches, pasos e pavimento do recinto, para facilitar o manexo veterinario das focas

O Concello da Coruña, a través do servizo municipal dos Museos Científicos Coruñeses, sacou a licitación os traballos necesarios para remodelar o sanatorio de focas do Aquarium Finisterrae, unha instalación situada no sector sur da piscina exterior do acuario, e que serve para levar a cabo un seguimento veterinario dos 11 animais do foxo, así como para a realización de exploracións dos exemplares, facilitar a súa recuperación e abordar cuestións de hixiene.

Neste sentido, o proxecto correspondente á intervención, xa aprobado, céntrase na renovación das instalacións para mellorar o servizo que presta. Tamén se contempla a creación dunha nova piscina médica de illamento, un recinto que, tras concretarse os traballos, verá aumentada a súa profundidade e as dimensións do sistema de desaugadoiro.

A instalación contará, ademais, cun suministro continuo de auga salgada.
O obxectivo é conseguir que a zona de coidados sexa máis versátil e segura á hora de atender as especies. No sanatorio, por exemplo, íllanse ás focas afectadas por feridas e casos de conxuntivite. A este respecto, outra das intervencións previstas no contexto das obras é a de crear dous espazos diferenciados, en húmido e seco, para tratar as focas segundo as súas necesidades, pois algúns tratamentos determinan protexer da luz exterior aos exemplares en situación de atención médica.

Ademais, acometerase tamén a instalación dunhas portas de corredeira para poder pechar a área técnica de manexo dos animais, coa finalidade de illar en seco as especies atendidas, e tamén se disporá unha pantalla visual, para que non estean tan expostas ao público neste contexto de revisión sanitaria.

En paralelo, o Concello ten previsto executar diversas melloras na área de accesos e paso do persoal que traballa na piscina exterior do Aquarium Finisterrae. Renovarase o firme con materiais susceptibles de baldear con auga a presión e nivelarase toda a zona de illamento en seco.

Os prazos de execución estimados, unha vez que se adxudiquen e poñan en marcha as obras, é de catro meses. O investimento que se levará a cabo para completar a intervención é de 97.010 euros.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas