Un total de 314 veciños e veciñas de Lousame desfrutaron este sábado no xa tradicional xantar de confraternidade organizado pola asociación Club de Xubilados de Lousame e que tivo lugar nunha carpa instalada na contorna do seu local en Aldeagrande. Un evento organizado pola Directiva da asociación, que contou coa colaboración do Concello de Lousame.
Os veciños e veciñas degustaron un menú composto por polbo, carne ao caldeiro, empanada, sobremesa e café a cargo da Polbeira Mambis. E para baixar o xantar, gran baile ao ritmo da música do dúo Aires de Broña.

