Home A Coruña Más de 150 persoas participaron na marcha veciñal contra a violencia de...

Más de 150 persoas participaron na marcha veciñal contra a violencia de xénero convocada en conxunto por Cariño, Cerdido, Ortigueira e Mañón

- Anuncio -

• Os catro concellos impulsaron a campaña ‘Estaca de Bares, de Faro a Faro contra as violencias machistas’ polo 25N.

• As actividades para conmemorar esta data continúan esta semana.

Más de 150 persoas dos diferentes concellos da Comarca de Ortegal participaron o pasado domingo, 24 de novembro, nunha marcha veciñal contra a violencia de xénero, unha actividade encadrada dentro da campaña ‘Estaca de Bares, de Faro a Faro contra as violencias machistas’, iniciativa conxunta dos concellos de Cariño, Cerdido, Ortigueira e Mañón para conmemorar o 25N.

O roteiro partiu da vila de Bares ata o faro de Estaca de Bares, onde o alumnado do IES de Ortigueira leu unha declaración institucional e, posteriormente, os catro alcaldes dos concellos participantes colgaron a lona da campaña co obxectivo de converter o faro nunha atalaia contra as violencias machistas.
O Concello de Cariño continuou coa súa programación municipal para conmemorar esta data o propio luns, 25 de novembro, cando se realizou a lectura dun manifesto nas dependencias do concello na que participaron varias decenas de persoas, incluíndo o alumnado do IES Cabo Ortegal.

As actividades polo 25N continuarán esta semana, cunha formación en materia de sensibilización e prevención das violencias machistas no deporte dirixida a monitores deportivos. Esta actividade forma parte da campaña ‘Estaca de Bares, de Faro a Faro contra as violencias machistas’ e contará coa participación de persoal dos catro concellos.

A formación impartirase no Centro de participación social de San Roque (Ortigueira) o xoves 28 de novembro de 10:00 a 13:00 horas e está aberta tamén ao persoal de empresas relacionadas coas actividades deportivas dos concellos da comarca. É gratuíta, aínda que se recomenda realizar unha inscrición previa, e todas as persoas participantes obterán un diploma por participar na formación.
Unha semana chea de actividades e actos en Cariño
Durante toda a semana celebráronse diversos actos e actividades no Concello de Cariño como parte da programación para conmemorar o 25N. O venres 22 de novembro levou a cabo un taller formativo para o alumnado de 3º da ESO no IES Cabo Ortegal impartido pola traballadora social de Arelas Cristina Palacios.

Ademais, o domingo 24 de novembro tamén se celebrou o espectáculo de maxia ‘Igualdade, onde estás?’, a cargo da Meiga Fani. Esta actuación, na que se fixo unha defensa da igualdade a través da maxia, organizouse na Casa dá Cultura municipal.

Paralelamente aos actos polo 25N, varias asociacións municipais conmemoraron a pasada fin de semana o centenario da traxedia do naufraxio da Cova. A programación incluíu unha conferencia a cargo de Hixínio Puentes o venres, unha misa parroquial o sábado e un acto de conmemoración no Cabo Ortegal o domingo.

Relacionadas

Máis de vinte artesáns e artistas participarán no Mercado da Ilusión, que abrirá a...

0
A apertura do mercado coincidirá co acendido do alumeado festivo O Concello de Carballo está preparando unha programación de Nadal moi ampla, tanto pola súa...

Abegondo acolleu clausúraa do taller de emprego dual Reserva de Biosfera: Emprego Verde III

0
• O evento contou coa participación do alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, xunto ao conselleiro de Emprego, José González, a delegada da Xunta,...

Incendio na rúa de Abaixo, no casco urbano do concello de Rianxo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron requiridos a primeira hora desta tarde para sufocar un incendio orixinado no terceiro andar dun edificio...

Corte de auga dende a rotonda do Vilar (Carreira) até Aguiño o xoves 28...

0
O vindeiro xoves día 28 a partir das 16:00 horas e durante 10 horas aproximadamente, producirase unha interrupción na subministración de auga potable debido...

Comezan as obras de acondicionamento da AC-543 ao seu paso polo Concello de Brión

0
Os traballos iniciáronse no tramo entre a rúa Inxerido e a rotonda dos Ánxeles, onde durante o mes de decembro se reducirá a circulación...

O “Mercado da luz” trasládase este sábado ao CSC Maruxa e Coralia polos traballos...

0
O “Mercado da Luz” de troco e compra-venda de artigos usados celebrará a súa edición deste mes de novembro o próximo sábado 30 de...

Publicacións Relacionadas