O Concello de Neda aposta por seguir incorporando novos fondos da biblioteca pública municipal, que supera na actualidade os 38.000 exemplares. Con esta finalidade, sumará ás aportacións propias e ás cesións de particulares dúas pequenas axudas da Consellería de Cultura para a adquirir novidades editoriais que permitan actualizar o catálogo bibliográfico local.
No marco das axudas aos espazos culturais incorporados á Rede galega de bibliotecas, disporá dunha achega de 542 euros para mercar títulos editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado. Terá que ser unha compra de libros en formato físico.
En paralelo, contará cunha aportación de 1.240 para a mellora das coleccións bibliográficas, coa finalidade poñer ao día o catálogo de títulos para a consulta en sala e máis o préstamo a domicilio tanto en castelán como en galego. Trátase pois de mellorar o servizo bibliotecario cunha colección máis completa, diversificada e actual.
A biblioteca municipal, cunha intensa actividade de dinamización, é a vixésimo segunda de Galicia con máis préstamos bibliotecarios por cada 1.000 habitantes e dispón dunha colección de case 38.300 libros, ocupando o posto undécimo no ránking galego por volume de obras en relación á poboación local.

