O Concello de Neda prevé incorporar proximamente a tres persoas traballadoras con cargo á subvención para o fomento do emprego do programa “Galicia suma talento: Rural activo”. Estes profesionais, en situación de desemprego, realizarán nos próximos meses traballos de roza e labores de prevención de lumes.
A administración local reforzará o seu cadro de persoal, grazas ao apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que vén de outorgoulle unha axuda de 50.865 euros.
Así, contará durante nove meses con tres peóns/peoas. A iniciativa permitirá brindar unha oportunidade laboral a persoas con especiais dificultades de inserción (parados de longa duración, maiores de 45 anos, ou mozos e mozas na procura do seu primeiro emprego con escasa cualificación laboral…)
O proxecto subvencionado, denominado “Medidas para de prevención de incendios forestais e recuperación de itinerarios de interese natural” incluirá, entre outras tarefas, labores de roza en vías e espazos públicos, accións preventivas nas faixas secundarias e outras destinadas á posta a punto de itinerarios naturais.
As tres persoas traballarán a xornada completo, acumulando experiencia e práctica que facilitará a súa posterior incorporación ao mercado de traballo.

