Home A Coruña As músicas do Camiño de Roi Casal triunfan no campo da festa...

As músicas do Camiño de Roi Casal triunfan no campo da festa de San Roquiño (Lousame)

- Anuncio -

Roi Casal: “non teño máis que palabras de agradecemento para o público de Lousame. Vou a casa satisfeito e cunha sensación de paz interior”

Máis de 150 persoas participaron onte martes no concerto “As músicas do Camiño”, que Roi Casal ofreceu no campo da festa de San Roquiño (Lousame). Un concerto de case dúas horas de duración, debido aos bises solicitados polo público presente, que nas últimas pezas mesmo se animou a levantarse das súas cadeiras para botar unhas bailas.

“Non teño máis que palabras de agradecemento para o público de Lousame. Vou a casa satisfeito e cunha sensación de paz interior”, indicou Roi Casal nada máis rematar o concerto. Unha conexión na que tivo moito que ver a presenza do lousamiá Xoán Leis Varela entre o elenco de músicos que acompaña a Roi Casal nesta xira. “Iso sen dúbida axudou a que nos viran máis próximos”, recoñeceu Casal.

Un punto no que coincidiu a concelleira de Cultura de Lousame, Silvia Agrafojo, que cualificou de “espectacular o concerto de Roi Casal no campo da Festa de San Roquiño. Boa música en boa compañía”.

O músico galego destacou que “viñamos de concertos moi grandes, con milleiros de persoas na Praza da Quintana. E agora son lugares máis pequenos: Chantada, Quiroga, Lousame…e ves que en Galicia tes pobos pequenos que teñen un gran dinamismo, nos que a xente participa toda e é unha forma de chegar a un público que doutra forma sería imposible”. Sobre o concerto, Roi Casal explicou que “As Músicas do Camiño é unha recompilación de temas da miña etapa previa a Son Galego, Son Cubano, que foi un punto de inflexión na miña carreira. Quería recuperar esas cancións e reencontrarme coa xente no camiño con esas músicas”.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas