Home A Coruña Nova xuntanza do Club de Lectura da biblioteca de Fene con presenza...

Nova xuntanza do Club de Lectura da biblioteca de Fene con presenza do autor protagonista, o mugardés Pablo J. Rañales

- Anuncio -

Sobre o libro Os afogados (Premio Illa Nova de Narrativa 2023), de Pablo J. Rañales, xirará este mércores unha nova sesión do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Fene. A xuntanza desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura, de 18.00 a 19.30 horas. As catorce persoas que participan na actividade (e que previamente recibiron cadanseu exemplar do volume) terán oportunidade de conversar co autor neste novo encontro.

En Os Afogados, “unha nova especie animal invadirá a Galicia do século XXII. Os Afogados, uns seres compostos de cunchas, algas e navallas, emerxerán do máis fondo do Océano Atlántico e encherán todas e cada unha das praias. Transformarán as nosas paisaxes e retarán á sociedade galega con moitas preguntas: que queren?, a que agardan?, por que teñen forma antropomórfica? A humanidade terá que buscar respostas e elixir como enfrontarse a estes seres: se dende o relato bélico, a análise científica ou o agarimo”.

Pablo J. Rañales (Mugardos, 1999) é graduado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou no mundo editorial na adolescencia e a través de dúas obras colectivas: La narrativa de suspense (2015) e Seis días para leer y mil noches para soñar (2016). Continuou coa publicación do seu relato Amor imperfecto na revista norteamericana Contrapunto V (2017). Ademais, impartiu clases de escrita creativa en Ares e obtivo o I Premio de Literatura Experimental (2000) da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

En 2021 chegou ao mercado literario a súa primeira novela, Siervos de tinta, e en 2023 materializouse a segunda, En la chepa del busero, ambas as dúas desenvolvendo un persoal realismo máxico. En xuño dese mesmo ano gañou a sétima edición do Premio Illa Nova de Narrativa con Os afogados.

O Club de Lectura da Biblioteca de Fene ten carácter mensual, realizándose as xuntanzas un mércores ó mes, de xaneiro a maio de 2024, en horario de tarde, de 18.00 a 19.30 horas. Para cada encontro proponse algún libro de temática e xéneros variados (novela romántica, thriller, novela da vida cotiá…), tanto en galego como en castelán.

Relacionadas

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

Publicacións Relacionadas