Home A Coruña O Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia convértese no gran referente...

O Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia convértese no gran referente xacobeo por mar

- Anuncio -

Alcaldes dos concellos nos que recala esta travesía náutica reúnense no R.C. Náutico de Sanxenxo cos seus homólogos da Ría da Estrela

O consumo medio por turista nesta ruta xacobea é de case 400 euros/día, o que quintuplica ao do turista/peregrino medio en Galicia

O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu unha reunión de traballo dos Concellos involucrados na implantación do Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia, que se está a converter na referencia xacobea para os peregrinos que chegan a Compostela por mar. Un encontro no que se fixo balance dos positivos indicadores que está a ofrecer esta ruta de peregrinación, cuxo consumo medio por turista e día quintuplica ao do turista peregrino medio de Galicia: 400 euros.

Unha reunión na que participaron os alcaldes de Baiona, Jesús Almuíña; Poio, Ángel Moldes; Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; e Sanxenxo, Telmo Martín, en representación dos concellos nos que recala esta travesía náutica. Por parte da Ría de Muros Noia participaron as alcaldesas de Lousame, Teresa Villaverde; e de Muros, María Lago; así como os alcaldes de Noia, Santiago Freire, e Porto do Son, Luís Oujo, así como outros concelleiros da comarca.

Consumo medio de 400 euros/día

Durante a reunión, os técnicos da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia destacaron os indicadores positivos que está a amosar esta ruta de peregrinación. O máis relevante é o perfil do turista/peregrino que escolle o Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia pois o seu consumo medio por día está próximo aos 400 euros, o que quintuplica ao do turista/peregrino medio de Galicia.

Así mesmo, salientaron que se trata do único camiño de peregrinación que xerou unha ruta comercial fixa e estable, operada desde a Ría de Vigo por unha navieira con veleiros de cruceiro. Un circuíto que xa ten programadas múltiples saídas para este verán de 2024, con pasaxe aínda dispoñible para os próximos 26 de xuño, 24 de xullo, 28 de agosto e 11 de setembro na web: https://sailway.es/producto/camino-maritimo-a-santiago-de-la-ria-de-muros-noia/

Outra das tendencias analizadas na reunión é que o Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia estase consolidando como a ruta de peregrinación preferente para todos os tránsitos procedentes do sur de Galicia. Isto débese fundamentalmente ao precepto das 90 millas náuticas que se recolle na Credencial do Peregrino, é dicir, que para que unha navegación sexa considerada peregrinación debe ser feita a vela e cun percorrido mínimo por mar de 90 millas náuticas. Así o amosan os datos recollidos pola Ría da Estrela despois de cinco anos de colaboración con distintos promotores (navieiras, asociacións náuticas, portos deportivos, clubs náuticos…).

Seguir traballando

A presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Teresa Villaverde, defendeu diante de todos os rexedores “a necesidade de seguir potenciando a dimensión cultural do Camiño da Ría de Muros Noia e as alianzas internacionais como a que está en marcha coas cidades de Venecia e Creta, así como coa Rexión de Rost en Noruega para a declaración da Vía Queriníssima como itinerario Cultural Europeo do Consello de Europa”. Un itinerario cultural do que forma parte o Camiño da Ría de Muros Noia e cuxo trazado inicial foi establecido pola escuadra naval da Segunda Cruzada no século XII, se ben o itinerario definitivo foi establecido sobre o traxecto realizado polo navegante veneciano Pietro Querini a mediados do século XV e que o trouxo a Muros e á Catedral de Santiago.

Tras esta primeira reunión, todas as autoridades presentes acordaron manter unha próxima cita para pechar definitivamente un formato estable. Unha xornada na que posiblemente se incorporarán representantes doutras localidades, xa que as necesidades de navegación dos turistas e peregrinos poden facer necesario facer escala noutros portos deportivos da costa galega.

A compoñente marítima do Camiño da Ría de Muros Noia constitúe o seu valor diferencial e a súa auténtica razón de ser. En tempos medievais, a navegación resultaba complicada pero afrontar un longo percorrido por terra era aínda máis perigoso, o que facía que moitos deles buscaran achegarse o máis posible a Compostela a través do mar. Esta realidade motivou que a Segunda Cruzada recalase coas súas naves en Muros ou que o devandito Pietro Quierini tamén se achegara á Ría da Estrela para camiñar ata Santiago e pedirlle axuda ao Apóstolo na súa viaxe, que en próximas datas será recoñecida como Itinerario Cultural Europeo.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas