O Club Salvamento Acuático Laracha asina un fin de semana sobresaliente na I Xornada de Praia de Sanxenxo

Redacción
Lectura mínima de 4

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) iniciou a tempada de praia cunha destacada actuación na I Xornada do calendario da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, marcada por un contexto de preparación limitado pero cun rendemento competitivo moi alto.
As categorías xuvenil, júnior e absoluta chegaban directamente do Campionato de España disputado en Castellón, sen apenas adaptación ao medio natural. Ademais, os temporais do últimos meses con continuas alertas laranxas no mar, condicionaron o inicio dos adestramentos na praia, reducindo o traballo específico previo a esta primeira cita. A pesar destas dificultades, o SAL volveu demostrar a súa capacidade de adaptación e o talento dos seus deportistas.

DOMINIO EN CATEGORÍA INFANTIL: CAMPIÓNS POR CLUBES
A xornada do sábado deixou unha actuación incríble do equipo infantil, que se proclamou 1º clasificado por clubes, confirmando o excelente traballo de formación do SAL.
Éxito colectivo en relevos: O club amosou unha superioridade incontestable no Relevo de Táboa, logrando o 1º e 2º posto.
Resultados individuais destacados:
Julia Bolón Collazo: 1º en Bandeiras e 1º en Carreira con Táboa.
Lucas Chouciño Sotelo: 1º en Carreira con Táboa e 3º en Bandeiras.
Borja Blanco López: 2º en Bandeiras e 3º en Carreira con Táboa.
Ampla presenza no Top 10:
Joel Landeira Suarez: 4º en Banderas y 4º en Tabla.
Noa Queijo Couselo: 7ª en Tabla.
Santiago Martínez Rey: 7º en Banderas.
Carmen Domínguez Fariña: 8ª en Banderas y 8ª en Tabla.
Hugo Sande Varela: 8º en Banderas.
Sabela Paulos Garcia: 9ª en Tabla.
Martina Lavandeira Pose: 10ª en Banderas.
Noa Parga Mosquera: 10ª en Tabla.
Isaac Mancebo Martinez: 10º en Tabla.
O esforzo do resto da expedición foi clave para sumar os puntos necesarios para o título.

SOLIDEZ EN CATEGORÍA JUNIOR, XUVENIL E ABSOLUTA.
Na xornada do domingo, o equipo absoluto mantivo o nivel logrando unha meritoria 4ª posición por clubes.
Relevos (Categoría Júnior): O equipo masculino acadou o 3º posto en Salvamento con Tubo e o 2º posto en Rescate con Táboa. As rapazas asinaron un 4º e un 6º posto respectivamente.
Mellores marcas individuais:
Iria Barreiro Matos (4ª en Bandeiras e Táboa)
Juan Martín Rodríguez (9º en Bandeiras)
Miguel Salorio (9º en Táboa)
Lideraron os resultados individuais, apoiados pola sólida participación do resto da expedición que axudou a sumar puntos para o club.

UN DEPORTE QUE SALVA VIDAS
O salvamento deportivo é o único deporte no que cada proba ten unha aplicación directa en situacións reais de rescate.
As carreiras con táboa reproducen intervencións rápidas no medio acuático; as bandeiras representan a capacidade de reacción ante emerxencias na area; e as probas de relevos simulan a coordinación necesaria nun rescate real.
Competir en praia implica enfrontarse a un medio cambiante —ondas, correntes, vento e superficie irregular—, convertendo cada proba nun desafío técnico con e físico, con moitas variables que requiren a máxima esixencia.
Cada resultado acadado non só reflicte rendemento deportivo, senón tamén preparación para actuar con eficacia en situacións reais.
PRÓXIMA CITA: Gandarío, 23 de maio de 2026
Dende o club agradécese o compromiso de deportistas, corpo técnico e familias neste esixente arranque de tempada.

Comparte este artigo