A pasada fin de semana (14 e 15 de xuño), a Praia de Silgar en Sanxenxo converteuse no epicentro do deporte galego coa celebración da Gran Final do Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo. O noso club volveu demostrar por que é unha entidade de referencia en Galicia, acadando resultados moi destacados grazas ao esforzo, á formación integral e ao compañeirismo de todo o equipo.
🏆 Clasificación xeral: Un club entre os mellores
A suma dos puntos dos últimos campionatos situounos entre os mellores clubes de Galicia en todas as categorías:
🥈 2º CLUB EN CATEGORÍA ALEVÍN
- 🥇 1ª Posición en alevín feminina
- 🥉 3ª Posición en alevín masculina
🥉 3º CLUB EN CATEGORÍA INFANTIL
- 🥈 2ª Posición en infantil feminina
- 4ª Posición en infantil masculina
6º CLUB EN CATEGORÍA CADETE
- 5ª Posición en cadete feminina
- 6ª Posición en cadete masculina
Estes resultados reflicten o traballo en equipo, a dedicación dos nosos socorristas e adestradores e a nosa aposta pola excelencia deportiva, inclusión e formación en valores.
🌟 Resultados destacados esta fin de semana
PROBAS INDIVIDUAIS
Alevín
- 🥇 1º Carreira con táboa de salvamento (feminina): Carmen Domínguez Fariña
- 🥈 2º Banderas na praia (feminina): Carmen Domínguez Fariña
- 🥉 3ºBanderas na praia (masculina): Sergio Pose Méndez
- 🥉 3º Eslalon de costa (feminina): Jimena Viturro Domato
Infantil
- 🥉3º Nadar Surf (feminina): Julia Insua Rico
- 🥈2º Banderas na praia (feminina): María García Ferreiro
Cadete
- 🥇 1ºSprint (feminina): Shaila Rodríguez Rodríguez
- 🥈 2º Sprint (masculina): Pedro Caamaño Verdía
- 🥈2º Banderas na praia (masculina): Pedro Caamaño Verdía
PROBAS DE EQUIPO
Alevín
- 🥇1ºRelevo sprint (feminina): Jimena Viturro, Carmen Domínguez, Iria Martínez y María Castro
- 🥈 2ºRelevo sprint (masculina) Mateo Chouciño, Gabriel Gavín, Sergio Pose y Lois Cambón.
Infantil
- 🥇1º Relevo sprint (feminina): María García, Daniela Pose, Noa Queijo y Julia Bolón.
- 🥈 2º Salvamento con tubo de rescate (feminina): María García, Sabela Paulos, Marcela Ponte y Julia Insua.
- 🥈 2º Relevo triada (mixta):María García, Julia Insua, Daniela Pose, Lucas Chouciño, Borja Blanco, Isaac Mancebo
Cadete
- 🥉3º Relevo sprint (masculina): Pedro Caamaño, David Becerra, Hugo Ferreño y Brais Ponte
- 🥉3º Salvamento con tubo de rescate (feminina); Shaila Rodríguez, Paula Vilar, Alba Vázquez y Uxue Casal
💙 Orgullo de club e de familia
Estes logros son froito dunha aposta decidida pola formación integral promovendo a igualdade real, a inclusividade, a participación comunitaria, o voluntariado, e o respecto pola diversidade. A nosa visión é ser un club de vangarda recoñecido pola súa acción social, educativa e ambiental, onde cada neno, nena ou adulto atope un espazo seguro para medrar en valores, aprender e formar parte dunha familia.
🙌 Grazas a todas e todos
Agradecemos á organización, á Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA), á Xunta de Galicia, Deputación de Coruña e a Deputación de Pontevedra e Concello de Sanxenxo por facer posible este evento, así como a todas as persoas que nos apoiaron.
Continuamos comprometidos coa responsabilidade social, a sustentabilidade, a innovación pedagóxica e a difusión dos valores do salvamento acuático como estilo de vida saudable e transformador.
¡Seguimos sendo referentes do salvamento galego, cun corazón cheo de solidariedade, igualdade e paixón!