Home A Coruña O Concello de Frades maniféstase en contra do proxecto eólico Gasalla e...

O Concello de Frades maniféstase en contra do proxecto eólico Gasalla e anuncia que presentará as alegacións oportunas

- Anuncio -

A documentación poderá consultarse na oficina técnica de Urbanismo de Frades, onde a veciñanza poderá presentar as alegacións que estimen oportunas

O equipo de Goberno do Concello de Frades maniféstase en contra do proxecto do parque eólico Gasalla, que pretende instalar 7 aeroxeneradores de 3,465 MW de potencia unitaria (24,255 MW de potencia total) nos concellos de Frades e Mesía. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, anuncia que “presentaremos as alegacións oportunas para evitar as consecuencias irreparables que este proxecto traerá consigo”.

O equipo de Goberno do Concello de Frades tomou esta decisión diante da publicación hoxe no DOG do acordo do 6 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Gasalla, nos concellos de Frades e Mesía (expediente IN408A 2017/26).

O prazo para emitir alegacións/achegas/opinións será do 19 de setembro ao 31 de outubro de 2022. A documentación poderá consultarse na oficina técnica de Urbanismo do Concello de Frades os luns, mércores e venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os veciños e veciñas poderán presentar as alegacións ou observacións que estimen oportunas na propia oficina de Urbanismo de Frades.

Proxecto

O proxecto do parque eólico Gasalla está promovido pola empresa Green Capital Power SL e se atopa nestes momentos en fase de envío de suxestións. Afecta aos concellos de Mesía e Frades, onde pretende instalar 7 aeroxeneradores que suman unha potencia total de 24,255 MW, cunha produción media estimada de 69.026,56 MW/ano. Conta cun orzamento de execución material de 21.077.457,46 euros e un prazo de execución de doce meses.

Esta non é a primeira ocasión na que o Concello de Frades presenta alegacións contra un proxecto de parque eólico. En abril deste mesmo ano, o equipo de Goberno fradense presentou alegacións ao parque eólico Brancellao por non ser compatible nin co planeamento nin co medio socioeconómico e produtivo do municipio. Un proxecto de maior envergadura que finalmente foi informado desfavorablemente pola Xunta de Galicia.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas