O Concello de Oleiros subvenciona ás entidades deportivas con 140.000 euros

Redacción

O Concello de Oleiros subvenciona ás entidades deportivas con 140.000 euros

O Concello de Oleiros ten aberta a convocatoria de subvencións destinada ás entidades deportivas locais sen ánimo de lucro, co propósito de apoiar e promover actividades deportivas ao longo do ano 2026. Ante o incremento de clubs e entidades do municipio que participan en competicións de ámbito estatal, o Goberno Municipal elevou o importe total destinado a estas axudas ata os 140.000 euros.

A convocatoria ten como finalidade apoiar o desenvolvemento da actividade deportiva no municipio, con especial atención ao deporte de base, ao tempo que se fomenta a participación dos clubs en competicións de maior nivel e se contribúe ao crecemento e consolidación das entidades deportivas locais.

Poderán optar ás subvencións as entidades deportivas sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros con anterioridade ao 31 de decembro de 2025, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases. As solicitudes poderán presentarse a través da Sede Electrónica ata o próximo luns 24 de agosto.

O apoio municipal ao deporte complétase coa posta á disposición gratuíta das instalacións deportivas municipais, así como con material e outros recursos necesarios para facilitar a organización de adestramentos, eventos e competicións por parte dos clubs e entidades do municipio.

BASES DA CONVOCATORIA: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/03/2026_0000005032.pdf

Comparte este artigo