• O alcalde, Francisco Calo Abelleira, destaca que a posta en valor e o mantemento das infraestruturas do rural constitúen unha prioridade absoluta para o goberno municipal.
• As actuacións permitirán acondicionar un total de 845 metros de calzada para reforzar a seguridade viaria e facilitar o paso do transporte escolar e do centro de día.
O Concello de Outes impulsará a renovación do pavimento en diversas vías municipais situadas nos núcleos rurais de Vilar de Outes, Fontelos e Áspera grazas a un investimento conxunto de 130.000 euros coa Deputación da Coruña. O acordo foi rubricado este mércores polo rexedor outiense, Francisco Calo Abelleira, e o presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso.
Para o goberno municipal de Outes, a atención ás parroquias e o mantemento en óptimas condicións das comunicacións no rural é unha prioridade fundamental. Con este proxecto dáse resposta ao deterioro actual do firme nestas zonas, garantindo a igualdade de servizos e mellorando a calidade de vida da veciñanza que reside fóra do núcleo urbano.
Segundo recolle o convenio asinado, o Concello achegará 26.000 euros con cargo ás arcas municipais, o que representa o 20 % do orzamento total, mentres que a Deputación da Coruña financiará o 80 % restante mediante unha achega de 104.000 euros.
Os traballos permitirán acondicionar un total de 845 metros de calzada repartidos en tres puntos do municipio:Fontenlos, Vilar de Outes, Áspera,
Máis seguridade para a veciñanza
Desde o executivo local subliñan que estas obras son esenciais para incrementar a seguridade dos peóns que se desprazan a pé por estes entornos.

