Home A Coruña O Concello de Ribeira aproba por unanimidade o POS+ para o financiamento...

O Concello de Ribeira aproba por unanimidade o POS+ para o financiamento de gastos sociais

- Anuncio -

Hoxe celebrouse o primeiro pleno do ano 2025 nunha sesión extraordinaria na que se debateu para a súa posterior votación a participación no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal “POS+ Adicional 1/2025” da Deputación da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

O Concello conta cunha previsión de investir para o 2025 a contía de 1.349.600€. Desta cantidade contarase con achega de 883.000€ de fondos públicos e privados, unha estimación do gasto a financiar por parte do Concello de 466.600,00€, e a contía solicitada á Deputación no “POS+” acada os 134.012,37€ que se aprobaron no pleno extraordinario de hoxe.
O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, foi o encargado de presentar as actuacións que se farán cos fondos que achega a Deputación e iniciou a súa intervención falando de que “o valor da política é facer a vida máis doada á veciñanza comezando polos máis débiles. Ése debe ser o principal obxectivo dun político”.

Mariño anunciou que está previsto poñer en funcionamento a vivenda de emerxencia temporal para persoas con carencias habitacionais que está localizada na parroquia de Carreira e levará como nome “A Garita”. Para esta actuación, o goberno local conseguiu unha subvención de máis de 23.000€ para o mobiliario e tamén se vai financiar con fondos provinciais a contratación dunha educadora social a xornada completa para coidar das persoas vulnerables.

O tenente de alcalde informou tamén que haberá 21.600€ destinados para os “Almorzos Solidarios”, máis de 300.000 para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e incrementarase as horas en dependencia para atender máis persoas que están en lista de espera. Neste senso apuntou que a peche de decembro do ano pasado, finalizouse cunha lista de espera de 64 persoas nos graos III, II e I., “O noso obxectivo e acadar a cobertura do 100% para os graos III e II seguindo o que marca o Programa de Atención de Recursos da Xunta de Galicia” tamén apuntou que se ten previsto solicitar unhas 500 horas anuais a maiores: “esperamos que dende a Consellería atendan á nosa solicitude”.

Dende o goberno local tamén anunciou unhas novas liñas de axudas para persoas con diversidade funcional e dependencia en adaptacións funcionais para os fogares; estas axudas consistirán en achegas directas para eliminar as barreiras arquitectónicas no fogar pero tamén servirán para axudar á compra de próteses auditivas ou dentais.

O alcalde, Luís Pérez Barral, destacou o esforzo económico que se fai dende o Concello de Ribeira para garantir o benestar da poboación ribeirense, en especial da nosa xente maior, que tanto ten achegado e que merece todo ou noso apoio. Esta axuda permitirá reforzar os como a Dependencia, facilitar axudas de adaptación de fogares para contribuír a que as persoas maiores vivan máis tempo na súa casa ou contribuír a que as persoas vulnerables teñan un espazo temporal onde residir facendo que ninguén quede atrás.

Pérez Barral expresou que en base aos datos, demóstrase que deben seguir apostando por investir no coidado e atención das persoas e agradeceu as achegas da Deputación como “colaboración necesaria para incrementar a capacidade de acción en prol de axudar ás persoas”.
Finalmente procedeuse á votación do “POS+ Adicional 1/2025” sendo aprobado por unanimidade.

Relacionadas

Paderne consolida a súa Feira GastroLexítimo co apoio permanente da Deputación da Coruña

0
 A entidade provincial contará cun espazo propio no evento para promocionar os produtos locais, segundo acordaron esta mañá o equipo de goberno de...

O alcalde reúnese coa nova xunta directiva de AXOBER para abordar  temas clave do emprego e...

0
José Manuel López Varela agradeceulles a iniciativa e manifestou o compromiso do Concello coa creación do entorno favorable para fomentar a actividade empresarial. O alcalde...

O Concello destina 54.641 euros para reforzar a área de Servizos Sociais

0
• Hoxe, venres 10 de xaneiro, aprobouse en pleno a proposta para o Plan Único Adicional da Deputación dá Coruña. O Concello de Miño aprobou...

Retiran a partir do luns o tellado de uralita con amianto da Casa da...

0
O Concello informa de que o inmoble permanecerá pechado en tanto se realicen as tarefas de desamiantado O Concello de Neda informa do arranque efectivo...

O goberno de Sanmartín anuncia que se presentará en 2025 á nova EDIL para...

0
O goberno que preside Goretti Sanmartín fixou hoxe os retos para este ano cun primeiro obxectivo inmediato como é a aprobación dun novo orzamento....

Alternativa logra a mellora da sede electrónica do Concello de Culleredo

0
O novo portal simplifica e facilita os trámites da veciñanza O pasado día 1 de xaneiro comezou a estar operativa a nova sede electrónica do...

Publicacións Relacionadas