O Concello de Ribeira reforzará o seu Grupo Municipal de Emerxencias ante a chegada da a borrasca Kirk

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ribeira reforzará o seu Grupo Municipal de Emerxencias ante a chegada da a borrasca Kirk 

Co fin de garantir a seguridade e benestar da veciñanza, o Concello puxo en marcha un plan especial de reforzo para o Grupo Municipal de Emerxencias (GAEM), ante a chegada da borrasca ‘Kirk’ nas próximas horas. Esta medida preventiva servirá para atender posibles situacións de risco derivadas das intensas choivas e fortes ventos durante o temporal. 

O reforzo permitirá contar co persoal necesario para enfrontar situacións que poidan comprometer a seguridade na localidade. Segundo informou o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, “a seguridade da cidadanía é prioritaria, e por iso mobilizamos os recursos que temos ao noso alcance para responder de maneira inmediata e eficaz ante calquera eventualidade que poida xurdir debido a esta borrasca.” 

Dende o Concello informa que outros corpos como a Policía Local tamén colaborarán no dispositivo. Recoméndase á cidadanía tomar precaucións adicionais, como evitar desprazamentos innecesarios, asegurar elementos móbiles das fachadas, evitar as zonas de árbores e lugares á beira do mar ou zonas inundables. Ademais pídese que se sigan as recomendacións das autoridades e ante calquera emerxencia chamar ao 112.

Comparte este artigo