Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Concello de San Sadurniño pechou o último trimestre de 2023 cun...

O Concello de San Sadurniño pechou o último trimestre de 2023 cun período medio de pagamento a provedores inferior a un día

- Anuncio -

O consistorio celebra este xoves o pleno ordinario adiado por mor da Semana Santa

O pasado xoves, día 28 de marzo, tocaría celebrar o segundo pleno ordinario do ano. Porén, ao caer en festivo, a sesión pasou automaticamente para esta semana, de maneira que a Corporación municipal está convocada para as 19:30h do xoves 4 de abril. Na orde do día van poucos puntos, entre os que destacan a dación de contas sobre o período medio de pagamento a provedores do cuarto trimestre de 2023 -cuantificado nunha media de 0,87 días- e a votación dunha moción rexistrada pola CIG reclamando un Plan galego de recuperación económica, industrialización e emprego, así como a derrogación da última reforma laboral aprobada polo Estado. Ademais tamén se someterá a votación un cambio formal na documentación de solicitude do SAF que en ningún caso lle afecta ao réxime económico recollido na ordenanza reguladora do servizo. Cómpre ter en conta, porén, que este pleno tamén inclúe o apartado de rogos e preguntas, que adoitan ocupar boa parte da duración nas sesións.

O primeiro apartado do pleno será o dos asuntos que requiren votación. Na orde do día van dous: a aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, e a modificación da ordenanza reguladora do Servizo de Axuda no Fogar, de cara a actualizar os documentos que as persoas usuarias deben asinar tanto para gozar do servizo con recoñecemento de Dependencia como en Libre concorrencia.

Trátase dunha cuestión formal que conta con informe favorable da Secretaría municipal e que non inflúe na prestación asistencial nin tampouco nos importes reflectidos na ordenanza. A necesidade da tramitación plenaria obedece aos requirimentos legais de que sexa o máximo órgano de representación quen aprobe inicialmente a modificación antes da súa exposición pública durante 30 días, tempo no que poderán presentarse alegacións.

O segundo bloque temático do pleno será o da dación de contas, que neste encontro presentará os datos sobre período medio de pagamento a empresas provedoras e morosidade correspondentes ao último trimestre de 2023. Neste sentido, o Concello de San Sadurniño pechou o período de outubro a decembro do ano pasado cun tempo de pagamento inferior a un día -0,87 días, segundo o informe da Secretaría Intervención- desde que as facturas son aprobadas pola Xunta de Goberno Local.

Un dato que vén confirmar “a efectividade profesional dos servizos económicos municipais e a solvencia económica do Concello”, tal e como destacou este mediodía o alcalde, Secundino García. “A finais de 2022 tiñamos un PMP duns 17 días, e no mesmo trimestre do ano que acabamos de pechar o prazo reduciuse a menos de un día, algo do que poucos concellos poden presumir e que debería ser o habitual”, engadiu o rexedor local.

Escrito da CIG
O último tramo da sesión será o das mocións, rogos e preguntas. Nel xa vai incluído o escrito rexistrado pola Confederación Intersindical Galega denunciando “a precariedade, o abuso da contratación a tempo parcial e a temporalidade en todos os sectores” que sofre a clase traballadora desde a última reforma laboral.

O texto reclama o posicionamento unánime da Corporación municipal para demandar do Goberno galego a aprobación dun Plan de recuperación económica, industrialización e creación de emprego digno, ademais de instar ao Goberno do Estado a que se derrogue a reforma laboral e se substitúa por unha normativa que “restitúa os dereitos perdidos e favoreza novos dereitos”. A moción tamén avoga, por último, porque se dean os cambios legais que permitan implantar a xornada semanal de 35 horas como paso intermedio cara a consecución da xornada de catro días e 32 horas á semana.

O pleno ordinario comezará ás 19:30h e emitirase ao vivo a través de Youtube. Se houbese interrupcións ou cortes na transmisión -como ocorreu hai uns días durante entrevista por streaming coa adestradora de fútbol sala Bea Seijas-, a gravación íntegra subirase á canle municipal ben no mesmo día ou ao día seguinte.

Relacionadas

O PP de Cabanas renuncia a 148.000 € dunha subvención conseguida polo BNG no...

0
A subvención, equivalente ao 5% do orzamento municipal, buscaba mellorar a conectividade e apoiar o comercio e hostalería locais, seguindo a liña de traballo...

O espectáculo ‘Somos criminais e punto final’ pechará o ano do Teatro Colón con...

0
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco volverán á cidade co seu recoñecible humor os días 28, 29 e 30 de decembro O espectáculo ‘Somos criminais...

O Concello de Fene asina convenios de colaboración por 23.800 € con diversas entidades...

0
As entidades beneficiarias son o CRD Agarimo, a Confraría Santiago Apóstol de Barallobre, a Asociación Perla Mural Fest e a Asociación de Comercio, Hostalería...

Máis de 60 mozos e mozas de Paderne reciben desde este outubro clases de...

0
Impártense a estudantes de 3 a 16 anos nas dependencias da Casa Consistorial habilitadas, coa novidade das Técnicas de Estudo Sergio Platas: “Como institución máis...

Incendiados catro colectores en diversos puntos Da AC-550, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados onte de diversos incendios en colectores da localidade.O primeiro aviso tivo lugar pasadas as 21:30...

Accidente de tráfico na N-651 ao seu paso polo concello de Paderne

0
Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos participaron esta tarde nun operativo derivado dun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada N-651, á...

Publicacións Relacionadas