O Concello de San Sadurniño recibe aos equipos do Aldebarán no peche dunha temporada chea de éxitos para o club

Redacción
Lectura mínima de 1

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, e o concelleiro de Deportes, Manel Martínez Pérez, recibiron esta mañá na Casa do Concello ás escuadras do Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño, cadrando cun remate de temporada certamente exitoso para a base e tamén para o primeiro equipo.

Neste sentido, o equipo infantil masculino alzou a comezos deste mes de abril o trofeo do Campionato Xunta de Galicia, mentres que os benxamíns se proclamaron hai tan só uns días campións galegos. Ademais, o equipo adestrado por Pablo Gómez Parga asinou a semana pasada nas Palmas de Gran Canaria o subcampionato da SM2, que lles dá dereito a subir á Superliga de volei.
Desde o Concello, tanto o rexedor como o titular de Deportes quixeron dárlles aos tres equipos a en hora boa por estes resultados, ademais de expresarlles ao club o agradecemento de toda a veciñanza “polo traballo que fan a prol do deporte e por poñeren o nome de San Saduniño no máis alto dos podios de dentro e fóra de Galicia”, dixo Secundino García Casal.

Comparte este artigo